miniatura|250px|Distribución das linguas bihari. As linguas bihari son o grupo occidental de linguas indoarias, faladas en Bihar, Uttar Pradesh e outros estados veciños da India. O angika, o awadhi, o bajjika, o bhojpuri, o magahi e o maithili tamén se falan no Nepal. A poboación de fala angika, awadhi, bajjika, bhojpuri, magahi e maithili forma máis do 21% da poboación nepalesa. Malia o importante número de falantes destas linguas, non teñen recoñecemento constitucional na India, agás o maithili, que acadou o status constitucional no 2003 . Mesmo en Bihar, o hindi é empregado na educación e nos asuntos oficiais. Estas políticas estatais e nacionais están a crear unhas condicións que ameazan ás linguas. Despois da independencia, o hindi obtivo o seu status no estado a través da Acta da Lingua Oficial de Bihar, en 1950.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas http://www.sil.org/iso639-3/documentation.asp?id=bih A Comparative dictionary of the Bihārī language, Volume 1 By August Friedrich Rudolf Hoernle, Sir George Abraham Grierson (1885) Translation of useful phrases in Angika, Bhojpuri and Maithili Angika Language Wikipedia Google Search Engine in Angika Language
Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas da India