O tritón do Montseny (Calotriton arnoldi) é unha especie de anfibio descrita a finais do 2005. Trátase da única especie vertebrada endémica de Cataluña e o único urodelo endémico da península Ibérica. Atópase en perigo de extinción.

Morfoloxía Dun tamaño aproximado de 10 cm de longo e co lombo de cor marrón, e ás veces con manchas amarales. O ventre é pálido, cunha mancha branca na gorxa. Por toda a pel presenta pequenas rugosidades, coroadas por pequenas manchas negras. Está estreitamente relacionado co tritón pirenaico (C. asper). O tritón do Montseny foi observado por vez primeira no macizo do Montseny en 1979 e durante moitos anos foi considerada a mesma especie que o tritón pirenaico. No 2005, estudos científicos confirmaron a separación de ambas especies. Coma outros urodelos, o seu ciclo vital transcorre totalmente dentro da auga.

Hábitat Resulta moi difícil de atopar, vive nos cursos de auga nas partes máis remotas e de difícil acceso do Montseny. Require dunhas condicións ambientais excelentes: augas frescas e osíxenadas, limpas e con fondos pedregosos. Habitualmente rodeado por forestas de aciñeiras, faias ou especies típicas das riveiras dos ríos.

Proxecto Life O proxecto Life Tritón do Montseny levarase a cabo entre os anos 2016 e 2020. Promove diversas accións para garantir a supervivencia da especie e a conservación do seu hábitat. Unha das accións máis importantes é a da cría en catividade. Deste xeito aumentando a poboación da especie, garantirase a súa reserva xenética e poderanse levar introducións controladas con tal de aumentar a súa distribución xeográfica. Ademais do Parque Natural do Montseny tamén se realiza a cría desta especie no zoo de Barcelona, no Centre de Fauna de Pont de Suert e no Centre de Fauna de Torreferrussa.

Notas

Categoría:Urodelos Categoría:Animais descritos en 2005 Categoría:Fauna endémica de España