Non confundir con Chefa Alonso, saxofonista e compositora galega.
José María Alonso Cebrián, popularmente coñecido como Chema Alonso, nado en Madrid en 1975, é un executivo, hacker e experto en ciberseguridade español.
Traxectoria
Formación Alonso fixo enxeñería informática pola Universidade Rey Juan Carlos e enxeñería informática de sistemas pola Universidade Politécnica de Madrid, onde foi distinguido como Embaixador Honorífico da Escola Universitaria de Informática en 2012. Fixo o doutoramento en Seguridade Informática na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.
Carreira profesional En 1999 comezou a traballar como consultor de seguridade na empresa Informática 64, de seguridade informática, que finalmente dirixiu. Desde 2009 dirixe tamén o máster de Seguridade de Información da Universidade Europea de Madrid.
En 2005 a multinacional Microsoft concedeulle o prestixioso galardón Microsoft MVP (Microsoft Most Valuable Professional) na área de seguridade corporativa.
Alonso incorporouse á multinacional Telefónica en 2013 ao realizarse a compra de Informática 64, adquirida co nome de ElevenPaths e da cal é director executivo. En Telefónica ocupa tamén o cargo de CDO (Chief Data Officer) desde 2016. Na empresa é responsable, entre outros, da ciberseguridade global e da seguridade dos datos.
Compaxinou o seu traballo coa publicación de varios libros, así como con participacións periódicas sobre ciberseguridade en medios de comunicación tales como a cadea de emisoras COPE (programa "Las Mañanas") e laSexta.
Hacker Alonso é considerado un dos maiores hackers de España, pero sen connotacións negativas, dado que na súa opinión un hacker non necesariamente debe asociarse á ciberdelincuencia. Isto vén corroborado polas súas numerosas participacións en múltiples conferencias nacionais e internacionais de ciberseguridade, das que destacan BlackHat e DEF CON (nesta última é o español que máis veces participou).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Seguridade informática Categoría:Alumnos da Universidade Rei Xoán Carlos Categoría:Nados en Madrid Categoría:Enxeñeiros informáticos