O kapampangan ou pampangan (en alfabeto kulitan: 24px) é unha das principais linguas de Filipinas. É a lingua falada na provincia de Pampanga, nas chairas de Luzón Central, a parte sur da provincia de Tarlac e o nordés de Bataan, moitos dos cales pertencen ó grupo étnico kapampangan. Kapampangan tamén é entendido nalgúns concellos de Bulacan e Nueva Ecija e polos Aitas ou Aeta de Zambales. A lingua tamén é chamada Pampango e de xeito honorífico Amánung Sísuan, que quere dicir "lingua aleitada/nutrida". No 2012, o kapampangan era unha das principais linguas do país que era ensinada e estudada de xeito formal nos colexios e universidades.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en kapampangan Bibliografía Bautista, Ma. Lourdes S. 1996. An Outline: The National Language and the Language of Instruction. In Readings in Philippine Sociolinguistics, ed. by Ma. Lourdes S. Bautista, 223. Manila: De La Salle University Press, Inc. Bergaño, Diego. 1860. Vocabulario de la Lengua Pampanga en Romance. 2nd ed. Manila: Imprenta de Ramirez y Giraudier. Castro, Rosalina Icban. 1981. Literature of the Pampangos. Manila: University of the East Press. Fernández, Eligío. 1876. Nuevo Vocabulario, ó Manual de Conversaciónes en Español, Tagálo y Pampángo. Binondo: Imprenta de M. Perez Forman, Michael. 1971. Kapampangan Grammar Notes. Honolulu: University of Hawaii Press
Categoría:Linguas malaio-polinesias Categoría:Linguas de Filipinas