13 Reasons Why (estilizado coma TH1RTEEN R3ASONS WHY) é unha serie de televisión estadounidense de drama e misterio baseada na novela de 2007 Thirteen Reasons Why de Jay Asher e adaptada por Brian Yorkey para Netflix. A serie trata o tema do acoso escolar, centrándose nun estudante de instituto, Clay Jensen, e a súa amiga Hannah Baker, unha rapaza que se suicidou tras vivir unha serie de situacións xunto a varios individuos da súa escola. En cada capítulo Clay escoita unhas cintas de casete gravadas por Hannah antes de suicidarse nas que detalla trece motivos polos que decidiu poñer fin á súa vida.
Diana Son e Brian Yorkey foron os coprodutores da serie, e a primeira tempada é de trece episodios. A serie estivo producida por July Moon Productions, Kicked to the Curb Productions, Anonymous Content e Paramount Television. Concibida orixinalmente coma un filme para que fose publicado por Universal Pictures con Selena Gomez no papel protagonista, Netflix optou pola adaptación como serie de televisión a finais de 2015, e Gomez fixo finalmente de produtora executiva. A serie xunto co especial 13 Reasons Why: Beyond the Reasons publicáronse en todo o mundo en Netflix o 31 de marzo de 2017.
A serie recibiu críticas positivas e unha boa acollida de audiencia, louvando a súa temática e o seu elenco de actores, particularmente os dous protagonistas Dylan Minnette e Katherine Langford. Algunhas representacións gráficas na serie foron obxectivo de controversia, particularmente os temas do suicidio e violación, ademais doutros contidos. En maio de 2017 anunciouse que a serie renovara por unha segunda temporada, programada para a súa estrea en 2018.
Personaxes Principais Dylan Minnette como Clay Jensen Katherine Langford como Hannah Baker Christian Navarro como Tony Padilla Alisha Boe como Jessica Davis Brandon Flynn como Justin Foley Justin Prentice como Bryce Walker Miles Heizer como Alex Standall Ross Butler como Zach Dempsey Devin Druid como Tyler Down Amy Hargreaves como Lainie Jensen Derek Luke como Kevin Porter Kate Walsh como Olivia Baker
Recorrentes Brian d'Arcy James como Andrew "Andy" Baker Josh Hamilton como Matt Jensen Michele Selene Ang como Courtney Crimsen Steven Silver como Marcus Cole Ajiona Alexus como Sheri Holland Tommy Dorfman como Ryan Shaver Sosie Bacon como Skye Miller Brandon Larracuente como Jeff Atkins Timothy Granaderos como Montgomery de la Cruz Steven Weber como Director Gary Bolan Keiko Agena como Pam Bradley Mark Pellegrino como Sheriff Standall Joseph C. Phillips como Mr. Davis Cindy Cheung como Karen Dempsey Henry Zaga como Brad Robert Gant como Todd Crimsen Wilson Cruz como Dennis Vasquez
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2017 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2020 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix