La Coraza foi un periódico editado en Ribeira en 1933. Historia e características Subtitulado Semanario Popular e independiente, apareceu o 22 de febreiro de 1933. Fundado por Juan Bautista Martínez Lemiña, que era o seu principal redactor, estaba dirixido por Joaquín Parada Lorenzo.Más allá de la cúpula del faro Semanario local con pretensións de independencia política pero en realiadade de tendencia dereitista, mantivo polémicas con La Lucha. Aparecía os domingos e tiña un prezo de dez céntimos. A partir do número 15 cambiou o subtítulo por Semanario Popular e desde o número 21, cando cambiou a súa periodicidade a quincenal, por Quincenario Independiente. Entre os seus colaboradores figuraron María Enriqueta Camarillo, Josefa Dios Reiriz, Esperancita Vilalba, Josefa García, Dolores Brión Hermo, Ramón Martínez Lemiña, J. Villanueva, Pérez Coutiño, Alberto Plasencia, P. Valeiras, Anselmo Prado Núñez, A. Pérez y Santos e José Brión. O último número coñecido é do 9 de outubro de 1933.No Museo Etnográfico de Artes conservan un exemplar do 28 de maio de 1933. El museo etnográfico que creó un ribeirense expone ya 1.300 piezas

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Ribeira Categoría:1933 en Galicia