O saiga, Saiga tatarica, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.

Para a maioría dos autores é unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen dúas subespecies.Mallon, D. P., asesor (2008): Saiga tatarica na Lista vermella da UICN. Versión 2018-1. Consultada o 15 de outubro de 2018.

Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1843 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray, no seu traballo List Specimens Mamm. Coll. Brit. Mus.: XXVI.

Especie A especie describiuna Linneo en 1766 na 12ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Capra tatarica.Sytema Naturae, ed. de 1766

Etimoloxía O nome Saiga procede do ruso сайгá saĭga, que a tomou do kazako saigak (unha subespecie dun cordeiro da especie Ovis ammon).saiga, 2ª acep. no Merriam Webster Dicitionary.

Sinónimos Ademais do nome actualmente válido, e o que usou Linneo para describila, a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos: Antilope saiga Pallas, 1766 Antilope scythica Pallas, 1766 Capra tatarica Linnaeus, 1766 (basónimo) Capra sayga Forster, 1768 Cemas colus Oken, 1816 Ibex imberbis Gmelin, 1760

Subespecies Como quedou dito, a maioría dos autores recoñecen unha única especie dos xénero Saiga, subdividida en dúas subespecies: Saiga tatarica mongolica Bannikov, 1946.Saiga tatarica ssp. mongolica na Lista vermella da UICN. Saiga tatarica tatarica (Linnaeus, 1766).Saiga tatarica ssp. tatarica na Lista vermella da UICN.

Controversia taxonómica Porén, os autores de Mammal Species of the Word consideran a subespecie mongólica como especie separada, denominada Saiga borealis, con dúas subespecies, clasificando por tanto o xénero Saiga deste xeito:Siga en MSW. Saiga Saiga borealis Saiga borealis borealis Saiga borealis mongolica Saiga tatarica

Cómpre dicir que a xeneralidade dos autores consideran Saiga borealis como sinónimo de Saiga tartárica.

Historia É unha especie de antílope gravemente ameazada que orixinalmente habitaba amplas zonas da estepa euro-asiática, dende os Montes Cárpatos e o Cáucaso até Zungaria (ou Dzungaria)Zunfaria é unha afastada rexión histórica-xeográfica da Asia Central, situada entre as actuais República Popular China e Casquistán, case contigua ás fronteiras da Federación Rusa e Mongolia. e Mongolia.

Tamén vivían en América do Norte durante o Plistoceno. Hoxe, a subespecie dominante (S. t. tatarica) só se atopa nun lugar en Rusia (na República dos Calmucos) e en tres áreas de Kazakhstán (os Urais, Ustiurt e Betpak-Dala). Unha parte da poboación de Ustiurt migra cara ao sur até Uzbekistán e en ocasións até Turkmenistán no inverno. Está extinta na República Popular da China e no suroeste de Mongolia. Foi cazada masivamente en Romanía e Moldova até que se extinguiu nesas rexións a finais do século XVIII. A subespecia mongol (S. t. mongolica) só se atopa no oeste de Mongolia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Groves, C. & Grubb, P. (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Groves, C. P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". In: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4. VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A.ISBN 84-7634-752-9. Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Bóvidos Antílopes Antilopinos

Ligazóns externas Saiga tatarica na ADW. Saiga. Saiga tatarica (Linnaeus 1766) na EOL. Ultimate Ungulate

Categoría:Bóvidos Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Mamíferos de Kazakhstán Categoría:Mamíferos de Mongolia Categoría:Mamíferos de Rusia