O latón é unha aliaxe de cobre e cinc. As proporcións de cobre e cinc poden variar para crear unha variedade de latóns con propiedades diversas.Engineering Designer 30(3): 6–9, maio-xuño de 2004 Nos latóns industriais a porcentaxe de cinc mantense sempre inferior ó 50%. A súa composición inflúe nas características mecánicas, a fusibilidade e a capacidade de conformación por fundición, forxa, troquelado e mecanizado. En frío, os lingotes obtidos poden transformarse en laxes de diferentes espesores, varelas ou cortarse en tiras susceptibles de estirárense para fabricar arames. A súa densidade tamén depende da súa composición. En xeral, a densidade do latón rolda entre 8,4 g/cm³ e 8,7 g/cm³. O seu punto de fusión está entre os 900 e os 940 °C, dependendo da composición.
No presente, case o 90% do latón é reciclado. Aínda que o bronce é unha aliaxe de cobre con estaño,Machinery Handbook, Industrial Press Inc, New York, Edition 24, p. 501 algúns tipos de latóns denomínanse 'bronces'. O latón é unha aliaxe que se utiliza para decoración debido a que o seu brillo dá un aspecto similar ó do ouro, para aplicacións en que se require baixa fricción, como fechaduras e válvulas, para fontanaría e aplicacións eléctricas, e, cumpridamente, en instrumentos musicais como trompetas e campás, ademais de pratos de baixo custo polas súas propiedades acústicas.miniatura|Produto fabricado con latón, ferrollo de HerBron.|centro Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Metais e aliaxes de cuñaxe
Categoría:Aliaxes Categoría:Metais e aliaxes de cuñaxe