O 7 de outubro é o 280º día do ano do calendario gregoriano (281 nos anos bisestos). Quedan 85 días para finalizar o ano.
Acontecementos 3761 a. C.: comeza a conta do calendario hebreo moderno. miniatura|200px|Batalla de Lepanto -539: O exército de Ciro II de Persia entra en Babilonia. 1072: Sancho II o Forte, rei de Castela, é asasinado xunto ás murallas de Zamora por Bellido Dolfos. 1407: O decano da facultade de medicina de París, Johannes Leporis, realiza na persoa do bispo de Arras a primeira disección coñecida. 1558: Filipe II de España impón a censura previa para o que se publique ou se introduza en España. 1571: Batalla de Lepanto, na que o poder marítimo dos turcos foi abatido pola Liga Santa: España, Roma e Venecia, so mando de Xoán de Austria. 1625: O duque de Medina-Sidonia, gobernador de Andalucía, repele un ataque inglés por mar contra a cidade de Cádiz. 1736: Augusto III, duque de Saxonia, funda a Orde de San Henrique. 1737: Un furacán causa a morte dunhas 300 000 persoas no golfo de Bengala. 1813: O exército anglo-luso-español, baixo o mando do Duque de Wellington penetra en Francia na persecución do exército francés e dá fin á guerra da independencia. 1841: Repélese a sublevación dun rexemento encabezado polos xenerais Concha e León, que asalta o Palacio Real para apoderarse da raíña Isabel II. Os rebeldes foron vencidos. 1872: Comenza un grande incendio que en dous días devasta máis de 8 quilómetros cadrados, destrúe 17 450 edificios de Chicago e causa a morte de 200 persoas. 1877: Arxentina: o doutor Adolfo Alsina e o xeneral Bartolomé Mitre, adversarios políticos, dan unha aperta publicamente na Praza de Maio. 1879: Asínase en Viena o Tratado de dobre alianza entre Alemaña e Austria. 1881: María Castells e Vallespí é a primeira muller que obtén o doutoramento en medicina. 1886: Abolición da escravitude en Cuba. 1903: O norteamericano Samuel Pierpont Langley fracasa na súa tentativa de facer voa-lo seu avión ao lanzalo cunha catapulta fixada nun pontón. 1904: George Heath gaña na primeira carreira de automóbiles, celebrada en Westburg, Long Island (EUA), cun "Panhard". 1904: Un tratado franco-español sobre Marrocos garante a soberanía española sobre o Rif e recoñece a Francia o dereito de "vixiar e asistir" o sultán. 1904: Chega o vapor inglés Nol Argomant, con máis de 100 turistas a Palma. 1904: A frota rusa do mar Báltico leva áncoras de Libau. 1908: A anexión de Creta a Grecia, ameazou cun conflito armado con Turquía. 1908: Nota do goberno austro-húngaro a Turquía sobre a anexión de Bosnia. 1909: Estréase en Moscova a ópera O galo de ouro, de Rimskii-Korsakov. 1909: Nunha entrevista, o xeneral D'Amade afirma que os españois ameazan a Francia en Marrocos. Ao sabelo o presidente do Consello, faino pasar á reserva. 1912: Inaugurase as obras do porto de Valparaíso. 1915: O rei Constantino I de Grecia forma novo goberno. 1916: O presidente da República de México, Venustiano Carranza, prohibe as corridas de touros. 1916: O quinto empréstito de guerra alemán achega dez mil millóns e medio de marcos. 1916: Tropas alemás e austríacas conquistan Kronstadt (Brasov), en Romanía. 1917: O xeneral xefe do arsenal de Cádiz queda cesado ao escapar un submarino alemán que estaba retido no mesmo porto. 1920: O secretario xeral da Sociedade de Nacións convoca os estados asociados á conferencia de Barcelona. 1921: Walter Rathenau fixa co ministro francés as prestacións que a industria alemá debe realizar como parte das reparacións de guerra. 1924: Numerosas tropas concentráronse en Veracruz, co obxecto de saír na persecución dos continxentes de bandidos que aterrorizan a rexión. 1925: A bailarina estadounidense Josephine Baker debuta na Revista negra no music-hall dos Campos Elisios. 1926: Un decreto lei converte o partido fascista no partido único de Italia. 1928: Comeza en Berlín a primeira exposición aeronáutica internacional de despois da guerra. 1933: André Malraux publica A condición humana. 1934: Réndese a Generalitat de Cataluña ás tropas do capitán xeneral da IV División militar, Domingo Batet, tras a rebelión do día anterior. 1935: Fúndase a Federación para a protección dos escritores alemáns, presidida por Thomas Mann. 1936: Apróbase o Estatuto de Autonomía do País Vasco. 1936: Chega a Moscova o embaixador de España na URSS, Marcelino Pascua. 1937: O autoproclamado Goberno do xeneral golpista Francisco Franco institúe por decreto o Servizo Social da muller. 1939: Estréase en Barcelona a película Carmen la de Triana, interpretada por Imperio Argentina e Rafael Rivelles. 1939: As emisoras de radio españolas quedarán suxeitas a censura. 1940: Ernest Hemingway publica a obra Por quen dobran as campás. 1942: As tropas xaponesas evacúan as illas Aleutianas. 1944: Dumbarton, dos Estados Unidos, reúne os representantes dos Estados Unidos, URSS, Gran Bretaña e a China nunha conferencia para establecer as bases da ONU e do Consello de Seguridade. 1945: O xintoísmo deixa de ser a relixión do estado do Xapón. 1947: O primeiro ministro británico Attlee destitúe once dos seus ministros. 1948: Estréase en Minnesota o Círculo de xiz caucasiano, obra de Bertolt Brecht. 1948: Joaquín Ruiz-Giménez Cortés, nomeado embaixador de España ante a Santa Sé. 1949: Proclamación da República Democrática Alemá na zona de ocupación soviética, polo Consello do Pobo. 1950: O sha Reza Pahlevi inaugura en Teherán o primeiro Senado da historia de Irán. 1950: 30 000 soldados chineses invaden o Tíbet e toman o control da política exterior até que se asine o tratado chinés-tibetano. 1952: Estréase en Barcelona a película Amaya, dirixida por Luis Marquina, e protagonizada por Susana Canales e Julio Peña. 1953: O coñecido cirurxián estadounidense Eugene Muron Bricker comunica a substitución con éxito da vexiga urinaria por un anaco de intestino delgado. 1956: Golda Meir, ministra de Asuntos Exteriores de Israel, declara que, ante a incapacidade da ONU, o seu país devolverá golpe por golpe. 1957: Inauguración da central térmica de Escombreras. 1958: O presidente paquistaní, Iskander Mirza, declara a lei marcial suspendendo a constitución e a asembleas parlamentarias como resposta ás malas colleitas e á corrupción. 1959: O Lunik III obtén as primeiras fotografías do lado oculto da Lúa. 1965: Implántase o estado de sitio en Portugal para combater a folga de servizos públicos. 1967: Primeiro concerto oficial da orquestra Ciutat de Barcelona, dirixida por Antoni Ros-Marbà. 1969: O presidente brasileiro Garrastazu Medici é designado xefe de Estado. 1975: A guerra civil do Líbano redobra a súa violencia no Beirut. 1975: O presidente mexicano, Luis Echeverría Álvarez, ratifica a súa petición de que España sexa expulsada da ONU. 1977: Máis de 100 000 vascos maniféstanse a favor da autonomía de Euskadi. 1978: Decrétase o alto o fogo en Beirut. 1980: O grupo catalán Comediants estrea na sala Olimpia, de Madrid, Sol, solet. 1982: Os deputados suecos elixen a Olof Palme xefe do Goberno. 1985: Un comando palestino secuestra o transatlántico italiano "Achille Lauro" e entréganse ao día seguinte despois de matar un pasaxeiro. 1985: Graves enfrontamentos raciais no suburbio londiniense de Tottenham. 1986: O Papa Xoán Paulo II remata a súa estadía en Lión (Francia) despois de facer xa tres viaxes a este país no seu pontificado. 1989: O Partido Democrático de Botswana, no poder dende a independencia en 1966, gaña amplamente as eleccións lexislativas. 1989: O presidente arxentino, Carlos Menem, firma os decretos que indultan os procesados por delitos cometidos na ditadura. 1989: A celebración do corenta aniversario da fundación da RDA acompáñase das maiores manifestacións de protesta dende o 17 de xuño de 1953. 1990: O Partido Socialista de Austria gaña as eleccións parlamentarias. 1990: Os estadounidenses Joseph E. Murray e E. Donnall Thomas obteñen o Premio Nobel de Medicina. 1991: Croacia e Eslovenia convértense en repúblicas independentes ao separarse de Iugoslavia, tras concluír a moratoria de tres meses prevista nos acordos de Brioni. 1992: Abimael Guzmán, dirixente de Sendeiro Luminoso, queda condenado a cadea perpetua polo tribunal peruano. 1993: Acórdase a cesión da xestión do 15 % do IRPF ás comunidades autónomas. 1993: Outorgado o Premio Nobel de Literatura á escritora estadounidense Toni Morrison. 1999: Os Reis inauguran o Gran Teatro do Liceo de Barcelona, reconstruído tralo incendio de 1994 que o deixou calcinado. 2002: Un mozo de trece anos convértese na oitava vítima, en catro días, dun francotirador que actúa nos arredores de Washington. 2003: Os "pais" da Constitución española conmemoran o 25 aniversario da Carta Magna cunha petición de consenso para acometer posibles reformas. 2003: A poetisa sevillana Julia Uceda gaña o Premio Nacional de Poesía. 2003: Unha matanza entre etnias rivais causa 65 mortos nunha aldea do noroeste da República Democrática do Congo.
Nacementos miniatura|100px|Desmond Tutu 1746 - William Billings, compositor estadounidense de música coral. 1748 - Carlos XIII, rei de Suecia (1809-1818) e de Noruega (1814-1818). 1885 - Niels Bohr, físico alemán, Premio Nobel de Física 1922. 1888 - Henry Agard Wallace, enxeñeiro agrónomo e vicepresidente dos EUA. 1892 - Ramón Barba Guichard, escultor e debuxante español. 1897 - Julio Ruiz de Alda, aviador e político español. 1897 - Elijah Muhammad, activista musulmán negro estadounidense. 1900 - Heinrich Himmler, oficial alemán nazi. 1905 - Andy Devine, actor estadounidense. 1912 - Fernando Belaúnde Terry, político e arquitecto peruano. 1917 - June Allison, actriz estadounidense. 1917 - Helmut Dantine, actor austríaco. 1919 - Georges Duby, historiador e investigador francés. 1919 - Rita Hayworth, actriz estadounidense. 1926 - Diana Lynn, actriz estadounidense. 1927 - Juan Benet, escritor español. 1927 - Ronald Laing, psiquiatra británico. 1931 - Desmond Tutu, arcebispo anglicano surafricano, Premio Nobel da Paz 1984. 1934 - Amiri Baraka, escritor estadounidense. 1935 - Thomas Keneally, escritor australiano. 1952 - Vladimir Putin, político ruso.
Mortes miniatura|100px|Ramón Tojo Pérez 336 - San Marcos, Papa. 560 - Santo Augusto, relixioso francés. 732 - Abd-er-Rahman-Ben-Abdallah-Algafari, sétimo emir ou gobernador árabe de España. 1472 - Michelozzo, arquitecto do Quattrocento. 1488 - Andrea del Verrocchio, escultor e pintor florentino. 1553 - Cristóbal de Morales, compositor español. 1796 - Thomas Reid, filósofo británico. 1849 - Edgar Allan Poe, escritor estadounidense. 1878 - Tomás Cipriano de Mosquera e Arboleda, político militar e estadista colombiano. 1939 - Ernest Vincent Wright, escritor estadounidense (n. 1873) 1944 - Ramón Tojo Pérez, escritor e político galego (n. 1860). 1959 - Mario Lanza, actor e cantante estadounidense. 1962 - Karen Blixen, escritora dinamarquesa (n. 1885) 1967 - Manuel Quintín Lame, líder indíxena colombiano. 1975 - Antonio Bienvenida, toureiro español. 1982 - Alexandre Núñez Alonso, novelista español. 1990 - Juan José Arévalo Bermejo, político e mestre guatemalteco, expresidente de Guatemala. 1991 - José Luis Dávila, "Pepe Luis", debuxante español. 1993 - Cyril Cusack, actor irlandés. 1993 - Agnes George de Mille, bailarina e coreógrafa estadounidense. 1994 - Niels Kaj Jerne, inmunólogo británico, Premio Nobel de Medicina 1984. 2002 - Eduald Serra, escultor español.
Festas e celebracións A Nosa Señora do Rosario, padroeira da Coruña. Cádiz Día Mundial do Algodón."O tecido das nosas vidas", en La Voz de Galicia 8.10.2025.
Outros Santoral: Nosa Señora Virxe do Rosario (Patroa da Coruña). San Marcos (Papa); Xulia e Xustina (Virxes); Elano, Serxio, Baco, Leopardino, Nabor, Marcelo e Apuleio (Mártires); Gustavo, Augusto e Canoco (Abades); Paladio, Rigaldo, Cuarto e Eleuterio (Bispos); Adalxio e Igaldo (Eremitas).
Notas