Christian Mate Pulisic, nado o 18 de setembro de 1998 en Hershey, Pensilvania, é un futbolista estadounidense que xoga como mediapunta ou extremo para o Chelsea FC da Premier League inglesa.

Biografía Pulisic creceu en Hershey, Pensilvania. O seu pai, Mark Pulisic, xogou fútbol sala profesional para o Harrisburg Heat nos anos 1990. Pulisic creceu xogando para o equipo xuvenil PA Classics, do mesmo xeito que adestrando en ocasións co equipo profesional local dos Harrisburg City Islanders na súa adolescencia. Alí pescoulle o Borussia Dortmund, con só 16 anos de idade. Antes estivo en Detroit, onde o seu pai foi manager xeral dos Detroit Ignition. Curiosamente, á idade de sete anos, viviu en Inglaterra e durante unha tempada xogou nos equipos infantís do Brackley Town Football Club.

Traxectoria Borussia Dortmund Tempada 2015-16 Pulisic fichou co Borussia Dortmund alemán o 4 de xaneiro de 2015 aos seus 16 anos, e o equipo asignouno de inmediato ao seu equipo xuvenil sub-19. Logo de anotar 10 goles e entregar 8 asistencias en tan só 15 partidos cos equipos xuvenís do club, Pulisic foi incorporado ao primeiro equipo durante o inverno a finais de 2015.http://www.mlssoccer.com/post/2016/01/31/who-us-international-christian-pulisic-and-how-did-he-make-borussia-dortmund-first Anotou un gol e asistiu noutro en dous partidos de preparación para a segunda parte da tempada 2015-16. Fixo o seu debut profesional na 1. Bundesliga poucos días despois, ingresando no segundo tempo nunha partida fronte ao FC Ingolstadt 04 o 30 de xaneiro de 2016, en substitución de Adrián Ramos. Semanas máis tarde faría o seu debut como titular na Bundesliga na vitoria 1-0 do Dortmund sobre o Bayer Leverkusen nun partido da 1. Bundesliga. Anotou o seu primeiro gol como profesional o 17 de abril de 2016 na vitoria 3-0 sobre o Hamburgo SV pola 1. Bundesliga. Tras a súa boa actuación nese partido, Pulisic foi incluído no equipo estelar da semana 30 da 1. Bundesliga.

Tempada 2016-17 Pulisic iniciou a tempada 2016/17 anotando un gol nun partido ante o Manchester City a finais de xullo de 2016.

Selección nacional

Seleccións inferiores Pulisic representou aos Estados Unidos nas categorías sub-15 e sub-17. Pulisic foi o capitán da selección sub-17 na Copa Mundial de Fútbol Sub-17 de 2015 en Chile, onde anotou un gol e obtivo unha asistencia en tres partidos. En total, Pulisic anotou 20 goles en 34 partidos nesta categoría.

Selección absoluta En marzo de 2016, o Borussia Dortmund anunciou que Pulisic fora convocado por primeira vez á selección maior dos Estados Unidos con miras a dous partidos de eliminatorias para a Copa Mundial de Fútbol de 2018 ante Guatemala. No entanto, non se puido unir de inmediato ao equipo debido a un arrefrío. O adestrador da selección norteamericana fixo oficial a súa convocatoria cando o incluíu no equipo para o segundo partido fronte a o 27 de marzo. Debutou nese partido, ingresando no segundo tempo e converténdose no futbolista estadounidense máis novo en disputar un partido clasificatorio á Copa Mundial de Fútbol para ese país.

Pulisic volveu facer historia meses despois, ao converterse no futbolista máis novo en anotar un gol a súa selección o 28 de maio de 2016 nun amigable fronte a Pouco despois, en xuño de 2016, foi confirmado entre os 23 xogadores que disputaron a Copa América Centenario cos Estados Unidos nese ano. ClubPaísPJGolesPeríodoSelección estadounidense Estados Unidos1132016 - Presente

Participacións en Copas do Mundo MundialSedeResultadoPartidosGolesCopa Mundial Sub-17 de 2015 Fase de Grupos31

Participacións na Copa América CopaSedeResultadoCopa América Centenario (2016) 4°

Clubs ClubPaísAnoBorussia Dortmund 2016 - Presente

Estatísticas Actualizado o 13 de maio de 2017.20x20px ClubDivTempadaLiga Copas NacionaisTorneos internacionais(1)TotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesBorussia Dortmund

 1ª2015-169200301222016-1728331101415Total club 3753 1 131537Total carreira 3753 1 131537(1)Inclúe datos da liga Europa da UEFA (2015/16)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Christian Pulisic en transfermrkt.co.uk Ficha de Christian Pulisic en fichajes.com Ficha en Mundodeportivo.com

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados no condado de Dauphin, Pensilvania Categoría:Futbolistas dos Estados Unidos de América Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Estadounidenses de ascendencia croata Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026