Bernardo Mozo de Rosales, nado en Sevilla o 20 de agosto de 1762No sitio oficial do Congreso aparece como data de nacemento 1761 e en Caro (2010), na páxina 255, aparece 1757. e finado en Agen, o 4 de xullo de 1832, foi un político español.
Traxectoria En Sevilla, se graduou co bacharelato en Filosofía e despois estudou Leis na Universidade da mesma cidade, onde conseguiu o grao en 1781Caro (2010), p. 255. Dende 1794, aparece en Madrid onde exerceu de avogado e bautizou a varios fillos.
Foi un deputado reaccionario nas Cortes de Cádiz, por Sevilla. Entre 1814 e 1819 foi fiscal do Consello de Facenda. Foi o primeiro en asinar e quen entregou a Fernando VII en Valencia, ao regreso deste de Francia, o chamado Manifesto dos persas. Por iso, o Rei concedeulle o título de marqués de Mataflorida, o 17 de decembro de 1817Caro (2010), p. 256, aínda que segundo outras fontes, mercou o título aos pais dominicianos de Atocha por vinte mil duros.
O 1 de novembro de 1819 foi nomeado secretario de Despacho de Gracia y Justicia (no goberno de Joaquín José Melgarejo y Saurín) cargo que ocuparía até o 20 de marzo de 1820.Gobernos de Fernando VII , no sitio oficial de Humanidades do CSIC. Tralo triunfo liberal, de 1820, foi destituído e se exiliou a Francia onde formou unha Xunta absolutista,"Bernardo Mozo de Rosales" en Biografías y vidas. A enciclopedia biográfica en línea. Editorial Biografías y Vidas. para loitar contra os liberais. Chegou a tomar a vila de Urgell na que creou a chamada Rexencia de Urgell, en 1822, xunto ao barón de Eroles«Bernardo Mozo de Rosales» en L'Enciclopèdia.cat (Grup Enciclopèdia Catalana) e ao arcebispo de Tarragona. Pouco antes da morte de Fernando VII, tivo que se exiliar de novo en Francia por formar parte dos apostólicos, xermolo dos carlistas.
Apareceu amplamente retratado, como personaxe, nos Episodios Nacionales de Pérez Galdos, sobre todo en "A Segunda Casaca" e tamén en "Os Cen mil Fillos de San Luís". Era denominado D. Buenaventura e aparece tamén mencionado polo seu título nobiliario real.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Deputados nas Cortes de Cádiz Categoría:Ministros de España