Ska-P é un grupo de ska español formado en Madrid no 1994. Politicamente, poderíase catalogar como un grupo anarquista.

As súas cancións caracterízanse polo seu inconformismo, a crítica ao capitalismo, fascismo, sionismo e ó racismo, a defensa da igualdade. A súa canción "Cannabis", reivindicando e apoiando a legalización de dita substancia, foi o seu trampolín para conseguir certa popularidade no territorio español, parte de América do Sur, e tamén en México. Ademais ten seguidores no Reino Unido, Bélxica, Colombia, Italia, Suíza, Francia e Alemaña. Nos últimos anos actuou en diversos festivais multiculturais, alternativos e anti-globalización do vello continente.

Membros Pulpul Voz, guitarra Pipi Segunda voz Joxemi Guitarra Julitros Baixo, coros Kogote Teclado, coros Luismi Batería

Membros anteriores Toni Escobar Guitarra, coros (1994) Pako Batería (1994)

Historia En febreiro de 2005 anunciaron que ían facer un parón indefinido. Ó contrario da información acerca dunha separación dada por numerosos medios de comunicación, deixarían aberta a posibilidade dun futuro retorno, como dixeron os membros do grupo. Anunciaron ademais unha xira de despedida. O seu último concerto en España foi o 24 de setembro de 2005 na Cuberta de Leganés. Aínda así, algúns do grupo, como «pipi», montaron un grupo alternativo parecido a Ska-P,pero menos guitarreiro. Ademais de «pipi» no grupo «The Locos» está tamén «Gari» (pero que por motivos de distancia entre a súa residencia e o estudio de ensaio tivo que abandonar o grupo). Outro integrante de Ska-P, «Joxemi», tamén formou un grupo paralelo á movida de Ska-P pero notase un ton máis punk, o grupo, chamado «No-Relax», sacou un disco de nome «Gridalo!» que contén 13 temas, 12 deles están cantadas en italiano e a outra; en español. Os integrantes de «No-Relax» son: «Micky» na voz e coros, «Joxemi» na guitarra, baixo e voz e «David» na batería.

Finalmente, tras anuncialo «Pulpul» na web oficial do grupo, o grupo vólvese a xuntar para falar e intentar que o grupo volva a activo. Así foi, e sacaron un disco en outubro do 2008 (tras 5 anos sen publicar discos de estudio) chamado Lágrimas y gozos, que segue a súa temática antisocial, criticando especialmente a pederastia e a Igrexa católica.

Actualmente, seguen sendo un dos grupos máis famosos do ska en castelán. Ademais, teñen organizada unha pequena xira de regreso.

Formacións 1994 Pulpul – voz e guitarra Toni Escobar – guitarra e coro Julio – baixo Kogote – teclado e coros Pako – batería

1996–1998 Pulpul – voz e guitarra Pipi – segunda voz Joxemi – guitarra Julio – baixo Kogote – teclado Pako – batería

2000–2002 Pulpul – voz e guitarra Pipi – segunda voz Joxemi – guitarra Julio – baixo Kogote – teclado Luismi – batería

2005 Pulpul – voz e guitarra Pipi – segunda voz Joxemi – guitarra Julio – baixo Kogote – teclado Luismi – batería Gari – trombón Txiquitín – trompeta

2008 Pulpul – voz e guitarra Pipi – segunda voz Joxemi – guitarra Julio – baixo Kogote – teclado Luismi – batería

Discografía Álbums Ska-P (1994) El vals del obrero (1996) Eurosis (1998) Planeta Eskoria (2000) ¡¡Que corra la voz!! (2002) Lágrimas y gozos (2008) 99% (2013) Game Over (2018)

Álbums en directo Incontrolable (2003) Live in Woodstock Festival (2016)

Ligazóns externas Páxina oficial de Ska-P Páxina alemá de Ska-P videos

Categoría:Grupos musicais formados en 1994 Categoría:Grupos musicais separados en 2005 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2008 Categoría:Grupos musicais de ska Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid