"As letras das mulleres" é unha colección literaria de narrativa traducida ao galego (agás para as obras de Rosalía de Castro, Pardo Bazán e Concepción Arenal, escritas en castelán e mantidas aquí nesa lingua) publicada en colaboración entre o Servizo Galego de Igualdade da Xunta de GaliciaIgualdade presentou un novo volume da colección 'As letras das mulleres' dedicado á escritora Eliza Haywood, nova recollida na páxina web da Xunta de Galicia. e a editorial Sotelo Blanco.Colección na páxina web da editorial.

Historia e características A colección comezou a distribuírse en 2004. O primeiro título publicado foi A cidade das mulleres.A editorial Sotelo Blanco inicia unha colección de libros feministas, nova en La Voz de Galicia o 6 de xullo de 2004.

O seu obxectivo é a divulgación de obras fundamentais, de ficción ou ensaio, escritas por mulleres, así como fomentar o recoñecemento do labor intelectual co que as mulleres contribuíron á cultura universal ao longo da historia.A (re)escritura das marxes. Tradución e xénero na literatura galega, por Patricia Buján Otero e María Xesús Nogueira Pereira, 2011.

Os libros foron prologados por expertos como María del Carmen Pallares Méndez (caso de A cidades das mulleres), María Jesús Lorenzo Modia (Vindicación dos dereitos da muller), Jorge Figueroa DorregoA ficción amatoria de Eliza Haywood, por Francisco Martínez Bouzas o 4 de xaneiro de 2011. (A dama solitaria) ou Carme Alvariño (Escritos políticas e literarios).

Crítica

Títulos Obra Autora Lingua orixinal TradutorAmor Vermello e outros escritos sociais e políticosAlexandra KollontaiRusoMaría Fe GonzálezExóticas e escritos xornalísticosSofía CasanovaCastelánIria Sobrino FreireO Moinante & a segunda parte do MoinanteAphra BehnInglésRamón Porto e Belén SoutoEscritos políticos e literariosOlympia de GougesFrancésMercedes PachecoEl caballero de las botas azules, Lieders e Las literatasRosalía de CastroCastelán-La educación del hombre y de la mujer, La dama joven e Memorias de un solterónEmilia Pardo BazánCastelán-Da muller da súa casa á muller do porvirFicha da obra na BNE. Título e introdución (a cargo de Celia Pereira Porto en galego; texto en castelán.Concepción ArenalCastelán-Orgullo e prexuízoJane AustenInglésJosé Díaz LageUn cuarto de seuVirginia WoolfInglésIria Sobrino FreireVindicación dos dereitos da mullerMary WollstonecraftInglésMaría Fe GonzálezA cidade das mulleresChristine de PisanFrancésSusa BlancoA idade da inocenciaEdith WhartonInglésMaría Fe GonzálezA dama solitaria e FantomimaEliza HaywoodInglésMaría Fe González

Notas

Categoría:Coleccións literarias en lingua galega Categoría:Obras traducidas ao galego Categoría:Coleccións literarias en lingua castelá