Acontecementos

Pedro Froilaz, tomado prisioneiro na batalla de Viadangos, recobra a súa liberdade. Ignórase se por fuga, intercambio ou após pagamento dun rescateLópez Ferreiro 1885. cap. XIV. Febreiro: A raíña Urraca, trasládase a Galiza onde inicia unha campaña de doazóns (vendas) para garantir o apoio dos partidarios do seu fillo na guerra contra Afonso I de AragónLópez Teixeira 2013. p. 77. 2 de marzo: Urraca doa ao bispo de Mondoñedo as vilas de Valadouro, Viveiro e Pedrosa, recibindo en agradecemento catorce marcos de prata. Marzo: Urraca doa á igrexa lucense todas as pertenzas reais nos termos de Lugo, recibindo do bispado cen marcos de prata. Abril: Urraca doa á igrexa compostelá todas as pertenzas da coroa na terra de Santiago. Recibe a cambio cen onzas de ouro e douscentos marcos de prataHistoria compostelá. Libro I. Cap. LXIX, LXX, LXXI.. 21 de abril: Urraca convoca cortes do reino en Compostela. Solicita aos bispos e condes galegos a súa axuda na guerra contra o seu home Afonso de AragónLópez Ferreiro 1900. pp. 371-376.. Abril: Urraca prende a Arias Pérez e aos seus cómplices. Obrigaos a devolver o castelo de Lobeira e confinaos "nas últimas praias de Galiza"Historia Compostelá. Libro I. Cap.LXXII. 28 de abril: Urraca doa á igrexa de Tui as vilas de Santa Mariña de Areas, Spiniceto e todas as propiedades reais na zona. Maio: Urraca fai unha extensa doazón de bens, por distintos puntos da xeografía galega, a Pedro Froilaz e a súa esposa Maior Guntroda. Maio: O exército galego inicia a marcha para recuperar os territorios conquistados por Afonso de Aragón. Xelmírez permanece en Galiza para manter a orde no país. Maio: Urraca amplía o couto do mosteiro de Samos recibindo por iso 36 marcos de prata. Maio: Afonso I solicita 300 coraceiros a Aragón para deter as forzas galegas en Astorga. Os reforzos son interceptados por partidarios casteláns de Urraca. Refuxiase en Carrión baixo asedioHistoria Compostelá. Libro I. Cap. LXXIII. 12 de maio: Morre Henrique de Borgoña a consecuencia das feridas recibidas no cerco de Astorga. A súa muller, a condesa Tereixa, faise cargo do goberno do condado portucalenseLópez Teixeira 2013. p. 83. Os nobres Paio Gudestéiz e Rabino Núnez únense a Arias Pérez e declárandose partidarios de Afonso de Aragón conquistan as terras galegas entre o Miño e o UllaHistoria Compostelá. Libro I. Cap. LXXIV. O exército de Diego Xelmírez reconquista o territorio perdido. Arias Pérez refuxiase nos montes, Rabino Núnez no castelo de Ponte Sampaio e Paio Gudestéiz no de Darbo. A raíña Urraca escribe a Xelmírez pedíndolle que reconquiste os castelos dos rebeldes. Xelmírez ataca o castelo de Ponte Sampaio por terra e por marHistoria Compostelá. Libro I. Cap. LXXV. Rabino Núnez e Paio Gudestéiz toman a soldo parte unha nave de cruzados procedentes das illas británicas que se dirixían a Palestina. A frota de Xelmírez captura o barco británico.López Ferreiro 1900. pp. 383-386 Xelmírez sitia por terra e mar os castelos de Darbo e Ponte Sampaio. Rabino Núnez e Paio Gudestéiz réndense e entregan as fortalezasHistoria Compostelá. Libro I. Cap. LXXVII.

Decembro: O longo asedio de Carrión e a crecente inestabilidade nos seus reinos fan que Urraca e Afonso se reconcilien por terceira vez. Pactan un acordo de paz na vila de PeñafielLópez Ferreiro 1900. pp. 377-379. Levantase o asedio de Carrión. Pedro Froilaz e o resto dos nobres galegos regresan a Galiza amolados polo desenlace pois foron eles quen cargaron co mais duro da campaña. Urraca parte co seu home cara a Aragón, onde este pretendía prendela e encerrala no castelo de Peralta.

Europa

Marzo: Concilio de Letrán.

Nacementos

Mortes 12 de maio: Henrique de Borgoña, conde de Portugal. Gonzalo Froilaz, bispo de Mondoñedo.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía Historia Compostelá. Edición de Emma Falque Rey. 1994. Editorial AKAL. ISBN 84-460-0417-8 López Ferreiro, Antonio (1885). Don Afonso VII, rei de Galiza, e o seu aio o conde de Traba. (2006 ed.). Editorial Toxos Outos. ISBN 84-96673-01-4 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela. Seminario conciliar central. Volume 3. López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Editorial Toxos Outos. ISBN 978-84-15400-78-3

Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1112