A Unión Cultural San Bernabé foi unha agrupación de coro e teatro fundada polo mestre Argimiro Rico Trabada na aldea de San Bernabel (Martín, Baleira) durante a Segunda República. Estaba formada por máis de vinte persoas, e o propio Argimiro Rico era o director. Na actuación da Festa da Árbore en San Bernabel o día 10 de maio de 1934, o coro interpretou a varias voces "Os Pinos", un himno á árbore e o himno das Xuventudes Galegas El Pueblo Gallego, xoves, 17 de maio de 1934, px. 12.. Logo varios nenos da agrupación cultural recitaron as poesías de Rosalía de Castro "Terra a Nosa", "Adeus ríos, adeus fontes" e "Airiños". En canto ás actuacións teatrais representaron A Morriña de Antón Presa Viso , Bodas de Ouro e Coroa de Flores. Outra das súas actuacións foi na Fonsagrada o 8 de novembro de 1934 co obxectivo de recadar fondos para unha Biblioteca Popular en San Bernabel El Pueblo Gallego, sábado, 13 de novembro de 1934, px. 13.. Entre as obras que representaron estaban Noite de Ruada de Leandro Carré ou Bodas d´Ouro de G. Salinas. En canto á parte musical interpretaron entre outras pezas "Alborada Gallega", "Lonxe da Terriña", "Dous Amorores" e "Os Pinos". En canto á actuación do día da inauguración da citada biblioteca, o 20 de outubro de 1935 El Pueblo Gallego, sábado, 17 de outubro de 1935, px. 11. estaba prevista a interpretación entre outras obras de Alalá da Mariña, Alalá de Triacastela, Alalá de Betanzos, varios himnos e muiñeiras.
Notas
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Teatro en Galicia Categoría:Baleira Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes