A AC-527 (na provincia da Coruña), coñecida como o Variante de Oleiros da Vía Ártabra, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de sur e oeste de Oleiros; situada no concello de Oleiros. Ten unha lonxitude de 1,76 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-13 no sur de Oleiros e finaliza nun cruzamento coa AC-174 no oeste de Oleiros.
Historia
As primeiras obras da Variante de Oleiros, como forma parte da vía Ártabra, iniciaron a finais de xullo de 2009 e en abril de 2011 decidiuse que este ramal sería de vía convencional para lle dar maior permeabilidade á capital municipal, dotándoo de rotondas e pasos peonais, porén si se levou finalmente a cabo a instalación dun valado como corresponde a unha vía de alta capacidade.
Os primeiros 700 metros do subtreito da variante foi inaugurado o 30 de xuño de 2012 e non ata o 6 de setembro de 2013 inaugurara o segundo treito da autovía AG-13, ao mesmo momento inaugurara o último subtreito da variante por estar conectado como ligazón desta mesma autovía.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Oleiros Categoría:Vía Ártabra Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes