Galina Butyreva (en ), nada en Ertom o 12 de setembro de 1944 é unha política, xornalista e escritora komi.
Traxectoria Naceu nunha aldea da República Socialista Soviética dos Komis e estudou maxisterio no Instituto Pedagóxico dos Komi (1966). Logo de graduarse deu clases ata 1968 e posteriormente traballou como redactora de televisión (1968-1986) ata a súa entrada na política como viceministra de Cultura da RSS dos Komis (1986-1991), directora do Centro Cultural Fino-Úgrico da República dos Komis (1992-1993), presidenta do Comité Estatal da República dos Komis para as Nacionalidades (1993-1994), ministra das Nacionalidades da República dos Komis (1994-1995), vicepresidenta para Asuntos Sociais da R. dos Komis(1995-1999). Dende 1997 é editora xefe da revista "Art". En 1996 recibiu a medalla de San Daniel pola súa promoción da restauración da fe ortodoxa e da diocese dos Komis"Бутырева Галина Васильевна" na web de Гижысь Котыр (Unión de Escritores da República dos Komis).
Actividade literaria Escribiu coleccións de poesía en komi e ruso, nos seus poemas utiliza o verso libre, reflectindo os seus sentimentos sobre a vida, a terra komi, a paz.
Libros En komi Пас туй, 1989 Бог с тобой, 1994 (bilingüe ruso-komi). Сёкатö, эзысьö,. донаö…, 1999 Бурö-визьö, 2005 Лов шы, 2008 Ва визь, 2010
En ruso Сад друзей 1997 К портрету моей родины,, 2002 Да будет имя Твоё, 2003. Ритмы реки, 2004
Notas
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Poetas de Rusia Categoría:Escritores en lingua komi Categoría:Xornalistas de Rusia Categoría:Políticos de Rusia Categoría:Nados na República dos Komis