Mukaghali Makatayev, nado en Karasaz o 9 de febreiro de 1931 e finado en Almati o 27 de marzo de 1976, foi un poeta escritor e tradutor kazako.
Traxectoria Naceu nunha aldea da provincia de Almati, estudou filoloxía da Universidade Estatal de Kazakhstán e entre 1952 e 1969 traballou nun instituto como profesor de lingua rusa (1954-57) locutor na radio kazaka (1957), dirixiu o xornal Советтік шекара (1960-62) e foi colaborador literario de diversas revistas, como Мәдениет және Тұрмыс ou Жұлдыз. En 1970 entrou na Unión de Escritores de Kazakhstán. En 1973—1974 estudou no Instituto das Artes e Letras de Moscova.
Publicou as súas primeiras obras poéticas en 1948, e a fama veulle co seu poema Аппассионата (1962). Ленин (1964) e Мавр (1970) son poesías dedicadas devotamente ás figuras de Lenin e Marx. Entre as súas coleccións de poesía salientan Армысыңдар достар (1966), Қарлығашым келдің бе? (1968), Дариға жүрек (1972), Аққулар ұйықтағанда (1974), Шуағым менің (1975), Өмір-дастан (1976), Өмір-өзен (1978), Жырлайды жүрек (1982), Шолпан (1984) . A súa prosa recolleuse no volume Қос қарлығаш (1988). Poeta popular, moitos dos seus poemas convertéronse en cancións.
Makatayev traduciu ao kazako sonetos de William Shakespeare (1970), poemas de Walt Whitman (1969), e A Divina Comedia de Dante (1971).
Notas
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Nados en Kazakhstán Categoría:Escritores en lingua kazaka Categoría:Personalidades da radio Categoría:Tradutores