O monte da Lagoa é un valado prehistóricoEn inglés as estruturas son coñecidas como Causewayed enclosure. situado nun outeiro fortificado no Val (Narón). Está situado no alto dun monte de 304 metros de altura entre os concellos de Narón e Ferrol.
Descrición Localizáronse estruturas similares en Francia, Inglaterra, Escandinavia, Bélxica, Alemaña, Italia, Irlanda e Eslovaquia. Terían unha antigüidade de entre 5000 e 8000 anos.
O curro neolítico do Monte da Lagoa de Narón foi o primeiro valado prehistórico identificado en Galiza e en toda España, un causewayed enclosure ou henge situado nun privilexiado observatorio. Ten forma ovalada duns 75 metros de eixo NO-SL, e uns 50 metros no OS-NL. O recinto principal está formado por un só muro de grande tamaño aproveitando as formas do terreo no cumio do monte. Hai dous accesos á croa abertos para unha devasa que vai de NO a SL. O acceso principal parece ser o do NO. No interior da croa atópanse algúns ocos que puideron ser construcións ou aproveitamentos de cantería posteriores ó valado.
En 2017 abriuse unha devasa aos pés do monte.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cultura castrexa Arco Ártabro
Categoría:Narón Categoría:Prehistoria de Galicia