250px|miniatura|Exemplo de manspreading nun autobús de Corea do Sur. O manspreading, en galego espraiamentoFacer que [algo] abranga moito espazo; aumentar de volume abranguendo máis espazo. Definición de "espraiarse" no dicionario da Real Academia Galega., é un anglicismo co que se adoita referir á práctica masculina de sentar en lugares públicos (asentos de medios de transpote, paradas de autobús, bancos públicos) espallando as pernas, abranguendo máis espazo que o que ocuparía un asento estándar. A dita práctica estaría a prexudicar as persoas sentadas ao carón ao teren menos espazo persoal. Foi cuestión de debate nas redes sociais e é unha reivindicación que acotío denuncian grupos e organizacións feministas. En agosto de 2015 foi recollido polo dicionario Oxford English Dictionary, e posteriormente por organizacións españolas coma a Fundeu BBVA. Porén, a Real Academia Galega da lingua non a recolle.
Etimoloxía A orixe do termo mansnpreading provén da unión das palabras inglesas man e spreading. O prefixo man ("home") e o sufixo spreading ("espallándose" ou "espraiándose"). O termo adoita empregarse coma substantivo, aínda que non ten tradución á lingua galega.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Feminismo Shebagging Machismo Mansplaining Ligazóns externas Despatarrados. Artigo de opinión de Francisco Ríos sobre o fenómeno de manspreading. La Voz de Galicia. Autobuses contra o 'manspreading': o costume dos homes de sentaren coas pernas abertas. Nova do Atlántico Diario.
Categoría:Conceptos feministas