O aeroporto de Ängelholm-Helsingborg (IATA: AGH, ICAO: ESTA) é un aeroporto sueco situado a 34 km de Helsingborg e a 7 de Ängelholm, no sur do país.
Historia No ano 1945 abriuse unha base militar da forza aérea. En 1960 comezaron os voos civís de pasaxeiros dende o aeroporto. No ano 2002 a forza aérea abandonou as instalación e converteuse nun aeroporto unicamente civil. A súa ruta con Estocolmo é a que sempre tivo un maior número de pasaxeiros.
Aeroliñas e destinos
Estadísticas O aeroporto de Ängelholm-Helsingborg é o terceiro aeroporto máis grande do sur de Suecia (Götaland) e o décimo máis grande de todo o país. No ano 2013 pasaron polas súas intalacións 412 852 pasaxeiros.
Notas
Ängelholm