Eladio de Lema Martín, nado en Vigo en 1853 e finado na mesma cidade o 5 de outubro de 1928El Pueblo Gallego, 6-10-1928, p. 1 , foi un editor e político galego.
Traxectoria Fillo de Ángel de Lema Marina, propietario do Faro de Vigo, sucedeu ao seu pai na dirección do periódico en 1881. Afiliado ao Partido Conservador, primeiro seguindo a José Elduayen e despois a Gabino Bugallal, foi concelleiro de Vigo, deputado provincial e en 1921 foi elixido senador pola provincia de Pontevedra.
Os seus restos repousan no Cemiterio de Pereiró.
Vida persoal Casou con Mercedes Rubido e foi pai de Ángel, Mercedes e Josefina. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Faro de Vigo
Ligazóns externas "Crónica de un decanato" Faro de Vigo .
Categoría:Editores de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Faro de Vigo Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega