Acontecementos Europa Marzo: Os mongois saquean Croacia. A vangarda de Batu chega a Spalatto e Cattaro, no mar Adriático. Cando lles chegan novas da morte, o ano anterior, de Ögödei, Batu retorna ao oriente para participar no quriltay organizado para a elección do seu sucesor. Así se salva Europa. Establecemento de colonos alemáns en Bratislava tras o fracaso dos mongois en conquistala 5 de abril: Vitoria do príncipe ruso Alexandre Nevski sobre os cabaleiros teutóns na Batalla do Lago Peipo, na Livonia, na altura xeado (masacre dos xeos). Esta batalla provoca a detención da expansión xermánica cara ao leste, ao tempo que contribúe ao nacemento da Rusia, baixo dominación moscovita.

Oriente Próximo Reinado de Al-Musta'sim, derradeiro califa abásida de Bagdad (até 1258). O xeneral Baidju toma o mando das tropas mongois en Irán, baseado na rexión da baixa Koura (até 1256). Á morte de Ögödei, o gobernador do Khorasan Körguz é entregado polos comandantes militares ao seu adversario Kara Hülegü, que o executa. A rexente Töregene encárgalle a Arghun agha a administración de Khorasan e Iraq. Home culto e comprometido cos asuntos de estado, decepciona as esperanzas dos señores mongois ao continuar a política de Körguz, protexendo a poboación iraniana contra as violencias dos mongois e combatendo a anarquía feudal. Obtén a confianza dos grandes khans ao enviar regularmente tributos a Karakorum.

Asia Batu, neto de Xenxis Khan, crea o Imperio da Horda de Ouro de Kipchuk, con capital en Sarai. Töregene tórnase rexente do Imperio Mongol (até 1246) Reinado de Kara Hülegü, khan de Djaghataï (até 1246). Neto de Djaghataï, reina baixo a tutela da súa nai Ebuskune.

Nacementos Beatriz de Inglaterra, filla de Henrique III de Inglaterra (m. 1275)

Mortes Djaghataï, khan mongol, segundo fillo de Xenxis Khan e da súa esposa principal Börte (n. 1186) 7 de outubro - Juntoku, emperador xaponés Outros Alberte o Grande tórnase rexente do convento de Santiago en París. Roger Bacon describe unha fórmula para fabricar a pólvora.

Historia ano a ano

Categoría:1242