O aeroporto internacional de Keflavík (IATA: KEF, ICAO: BIKF), tamén coñecido como aeroporto de Reiquiavik-Keflavík, é o aeroporto máis grande de Islandia e o principal centro de conexións do país para rutas internacionais. Está situado a 3,1 km ao oeste de Keflavík e a 50 km ao suroeste de Reiquiavik. O aeroporto ten tres pistas de aterraxe, dúas das cales están en uso, e as súas instalacións ocupan unha superficie duns 25 km2. A meirande parte das viaxes internacionais dende ou cara a Islandia pasan por este aeroporto.
As principais aeroliñas en Keflavík son Icelandair e WOW air, que teñen o seu principal centro de conexións no aeroporto. Keflavík úsase case exclusivamente para voos internacionais; a meirande parte dos voos domésticos usan o aeroporto de Reiquiavik, que se atopa a 3 km do centro da cidade, aínda que os voos estacionais dende Akureyri voan a Keflavík. O aeroporto de Keflavík está operado por Isavia, unha empresa estatal.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Reiquiavik