Pijnacker é unha localidade que forma parte da municipalidade de Pijnacker-Nootdorp, na provincia neerlandesa de Holanda Meridional (en neerlandés Zuid-Holland), situada a catro quilómetros ao leste da cidade de Delft. A localidade contaba en 2012 cunha poboación de 22.455 habitantes.Estatísticas de poboación en Pijnacker. (En neerlandés)

Pijnacker ten dúas paradas dentro da rede de transporte público de RandstadRail, entre A Haia e Rotterdam, que son Pijnacker Centrum e Pijnacker-Zuid.

Arredor de Pijnacker hai grandes e atractivas áreas naturais, entre as que se pode destacar destacar Ackerdijkse Plassen, unha das reservas de aves máis importantes dos Países Baixos.

Historia

En 1812, a localidade de Pijnacker creceu dun xeito significativo, ao absorber outras localidades, como as de Abtsregt, Biesland e Tempel. Todas estas poboacións foron restablecidas novamente o 1 de abril de 1817. 

Pijnacker foi unha municipalidade independente ata 2002, cando se fusionou con Nootdorp.

Barrios A localidade de Pijnacker conta cos seguintes barrios:Información sobre os barrios , no sitio web da municipalidade. (En neerlandés) Centrum (centro). Koningshof. Noord (norte). Klapwijk. Tolhek. Keijzershof. Ackerswoude (en construción). Tuindershof (en construción).

miniatura|esquerda|Igrexa de San Xoán Bautista Edificios notables Un dos edificios dominantes e destacables de Pijnacker é a igrexa católica de San Xoán Bautista, situada na rúa principal da vila (a rúa Oostlaan). Malia ter sido anteriormente unha parroquia cun sacerdote a tempo completo, a Igrexa de San Xoán Bautista está agora unida coa de San Bartolomeo (Nootdorp), formando unha parroquia dentro da Federación de Parroquias de Oostland, á súa vez dentro da Diocese de Rotterdam.Información sobre esta igrexa na seguinte referencia bibliográfica, publicada pola parroquia no seu aniversario, na que se trata a historia do edificio e os personaxes destacables: J.P. van Geest [et al.]: H. Joannes de Dooper, Pijnacker. Een eeuw rond het kerkgebouw 1892 -1992. Pijnacker, Parochie St. Joannes de Dooper, 1992. [ISBN 9090046542] (En neerlandés)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do municipio de Pijnacker-Noortdorp. Pijnacker-nootdorp en cifras . Mapa da antiga municipalidade en 1868 .

Categoría:Holanda Meridional Categoría:Cidades dos Países Baixos