Acontecementos Europa 18 de xullo - Eduardo I de Inglaterra expulsa os xudeus da Inglaterra. Refúxianse no Languedoc, Navarra e Castela. 10 de xullo - Inicia o seu reinado André III de Hungría (até 1301). Ladislau IV de Hungría, vencido polos cumanos e os tártaros, é asasinado polos seus baróns. Non tendo herdeiro directo, a anarquía feudal instálase de novo. 1 de agosto - Data tradicional da creación do Principado de Valaquia (até o ano seguinte). Negru Voda, o Príncipe Negro, fuxira do seu ducado de Făgăraş (País de Olt), atribuído polo rei André II de Hungría a un nobre húngaro, Ugrinos, para se refuxiar alén dos Cárpatos, na actual Valaquia. 26 de setembro - Morre aos seis anos Margarida I de Escocia, cando se dirixía de Bergen (Noruega) a Escocia. John Balliol fai valer as súas pretensións ao trono de Escocia contra Robert Bruce. Eduardo I de Inglaterra é consultado para xulgar as reivindicacións dos trece pretendentes. El mesmo o reclamará para si máis tarde. 18 de decembro - Comeza o reinado de Birger Magnusson (1280 - 1321), rei de Suecia (até 1318). Os cabaleiros teutóns logran a submisión dos campesiños dos países bálticos. A illa de Gotland pasa á coroa de Suecia (até 1408). Tolkai convértese en Khan da Horda de Ouro (até 1312), levado ao poder por Nogai.

Oriente Próximo Osmán I faise con Yenişehir, preto de Brousse (Eskhisehir). Venecia e o rei de Aragón envían socorro a Acre, onde chega unha tropa indisciplinada de toscanos e lombardos. O masacre dos mercadores musulmáns fornece o pretexto para que o sultán de Exipto interveña decisivamente. Novembro - Iníciase o reinado de Malik Achraf Khalil, sultán mameluco de Exipto (até 1293).

Asia O turco iranizado Khaldji Firuz Chah faise co sultanato de Delhi baixo o nome de Djahal ad-Din Khaldji (Khiji). Funda a dinastía dos Khaldjî (até 1320). Debe, en primeiro lugar, enfrontarse á oposición dos ilbaridas que teñen feito incursións contra os rajahs hindús. Vitorioso, trátaos con magnanimidade.

Ciencias e artes dereita|miniatura|Crucifixo de Cimabue. 1 de marzo - Créase a Universidade de Coímbra, en Lisboa inicialmente o Estudo Geral, no reinado de don Dinís. O artista florentino Cimabue pinta o seu Crucifixo. Invención dos espectáculos musicais en Italia. Virxe Dourada na catedral de Chartres.

Nacementos 8 de febreiro - Rei Afonso IV de Portugal (m. 1357). Marsilio de Padua, teólogo italiano (m. 1343). Leopoldo I de Austria. Andrea Pisano, escultor e arquitecto italiano, en Pontedera (data aproximada). Juan Ruíz, o arcipreste de Hita, poeta castelán (m. 1379).

Mortes 23 de xuño - Henrique IV o Xusto, duque de Cracovia 10 de xullo - Ladislau IV de Hungría 10 de xullo - Margarida I de Escocia Novembro - Qala'ûn, sultán mameluco do Exipto 28 de novembro - Lionor de Castela 18 de decembro - Magnus III de Suecia

Historia ano a ano

Categoría:1290