A illa Ammassalik () é unha illa no municipio de Sermersooq no sueste de Groenlandia, cunha superficie de 772 km².
Xeografía miniatura|200px Tasiilaq na illa de Ammassalik A illa de Ammassalik está situada na rexión do King Christian IX Land. A illa está separada da parte continental de Groenlandia, no oeste, polo ancho fiorde Sermilik e, no nordés, polo estreito de Ikaasartivaq. No leste e sueste da metade sur, a cada vez máis ampla metade do fiorde Ammassalik separa a illa de Ammassalik dun arquipélago de illas, no que destacan as illas de Apusiaajik e Kulusuk a través do estreito de Torsuut Tunoq. A costa sur da illa está bañada polas augas do océano Atlántico Norte.Tasiilaq, Saga Map, Tage Schjøtt, 1992
A cidade de Tasiilaq atópase no lado sueste da illa. O punto máis alto da illa é un pico glaciar na parte norte, con 1.352 m.
Asentamentos O único asentamento permanentemente habitado na illa é a cidade de Tasiilaq na costa sur da illa, con 1.893 habitantes en 2009,'Greenland in Figures 2009' , Statistics Greenland a comunidade máis poboada da costa oriental, e a sétima cidade máis grande de Groenlandia.
A estación de investigación Sermilik atópase a 15 km ao noroeste de Tasiilaq, na costa oeste.
O municipio de Ammassalik foi un exmunicipio de Groenlandia. Agora é parte do Municipio de Sermersooq.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Map of Ammassalik Island
Categoría:Illas de Groenlandia