Tokyo Fiancée é un filme belga de drama e romance escrito e dirixido por Stefan Liberski. Está baseada na autobiografía homónima de Amélie Nothomb. Conta a historia dunha rapaza belga de 21 anos, Amélie (Pauline Étienne), que ten un romance con Rinri (Taichi Inoue), un mozo xaponés de Tokyo. Coñécense cando ela ofrece clases de francés nun taboleiro. O filme foi escollido para a súa estrea na sección de Mundo Contemporáneo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2014. Recibiu tres nomeamentos ós Premios Magritte.

Personaxes Pauline Étienne como Amélie Taichi Inoue como Rinri Julie LeBreton como Christine Alice de Lencquesaing como Yasmine Akimi Ota como Hara Hiroki Kageyama como Hiroki

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes ambientados en Tokyo