Dioryctria mendacella é o nome científico que recibe unha especie de lepidóptero.
Ciclo biolóxico Trátase dun lepidópterio fortemente ligado ás coníferas, coma os piñeiros ou cedros. Durante a primavera e o outono é normal atopar na mesma piña larvas de diferente tamaño e diferente estadio larval. O adulto pon os ovos illados nas piñas case maduras. Ó cabo de poucos días nacen as eirugas que penetran na piña facendo galerías irregulares. Na última fase larval, a eiruga baixa á terra e entérrase a pouca profundidade para crisalidar. En caso de que haxa moitas larvas a piña pode ser completamente destruída e inservible para calquera aproveitamento.
Notas
Categoría:Lepidópteros