O campo de Riazor foi un campo de fútbol na Coruña no que o Deportivo da Coruña xogou os seus partidos como local entre 1909 e 1944. Este terreo de xogo estaba situado nas proximidades do actual estadio, no lugar que na actualidade ocupa o colexio das Escravas. O novo campo foi inaugurado o 16 de maio de 1909 cun partido fronte ó Fortuna de Vigo. O partido finalizou coa vitoria do equipo vigués por 1-3. O xornal El Noroeste relataba o acontecemento do seguinte xeito:

miniatura|Xogadores do Deportivo e do Fortuna na inauguración do campo. De esquerda a dereita, de pé e con pantalón negro: De Llano, F. Martínez, Long, Ancos e G. Martínez. Sentados, con pantalón negro: Portela, Félix de Paz, Virgilio, Manuel Álvarez, Rodríguez e Rajoy.

Finalmente en outubro de 1944 o Deportivo trasladouse de novo ó actual estadio construído orixinalmente por Santiago Rey Pedreira.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Imaxe

Riazor Riazor