Soiuz T-11 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 3 de abril de 1984 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soyuz T-11, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Iuri Malishev, Gennadi Strekalov e Rakesh Sharma (o primeiro cosmonauta da India) a bordo, foi unha misión Interkosmos lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7. A tripulación adicouse a facer diversos experimentos ata o seu regreso, entre eles a observación da India desde o espazo, experimentos biolóxicos e procesamento de materiais.
Os cosmonautas regresaron na Soiuz T-10, deixando a súa Soiuz , máis nova e fresca, na estación para a tripulación permanente. Aterraron o 22 de outubro de 1984 ás 10:57 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Soiuz T Soiuz T-10 Saliut 7
Notas
Categoría:Programa Soiuz