miniatura|310x310px|Un sacerdote da era do Mississippi, cunha maza cerimonial e unha testa cortada. En antropoloxía, fálase de cazadores de testas para referirse ós grupos humanos que practicaban o ritual de preservar a testa dunha persoa despois de matala. A caza de cabezas foi practicada en tempos históricos en partes de Oceanía, Asia Meridional e Sueste asiático, África Occidental e Central e en Mesoamérica, así como en certas tribos dos celtas, pobos xermánicos e escitas da Europa antiga. En Europa, produciuse até o remate da Idade Media en Irlanda e na rexión da fronteira anglo-escocesa, e até o século XIX en Montenegro, Croacia, Albania e as partes occidentais de Hercegovina.

Esta práctica foi obxecto de intenso estudo dentro da comunidade antropóloga, e os estudosos tentaron definir e interpretar o seu rol social, así como as súas funcións e motivacións. Os escritos de antropólogos achegan temas como a mortificación do rival, a violencia ritual, o equilibro cosmolóxico, o canibalismo, o prestixio de capturar o espírito e poder do rival, e como xeito de conseguir os servizos da vítima como escravo na outra vida.E-Modigliani, "Un viaggio a Nias," Fratelli Treves Editori Milano 1890

No presente, os estudosos concordan que a función primaria da caza de testas era ritual e cerimonial. Algúns expertos teorizan que a práctica provén da crenza de que a cabeza contén a "alma" ou a forza vital, que podería ser aproveitada a través da súa captura.Hutton, J. H. “The Significance of Head-Hunting in Assam.” The Journal of the Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland, vol. 58, 1928, pp. 399–408.

Notas

Categoría:Antropoloxía