Emir Sulejmanović, nado o 13 de xullo de 1995 en Žepa, República Serbia (Bosnia e Hercegovina) é un xogador profesional de baloncesto internacional bosníaco con pasaporte finlandés que xoga no Surne Bilbao Basket da Liga ACB. Formado na canteira do Kaarina Ura e da Union Olimpija, cunha altura de 2,05 metros xoga na posición ala-pivote.
Traxectoria Emir Sulejmanović naceu o 13 de xullo de 1995 durante o Masacre de Srebrenica nas fragas arredor de Žepa, localidade situada ao suroeste da propia Srebrenica. A súa familia, ao igual que miles de bosníacos, tivo que escapar de Žepa debido á ofensiva do Exército da República Serbia na área. Así, en 1997 migrou a Finlandia coa súa familia, morando primeiro en Jyväskylä e, desde o ano 2000, en Kaarina. Nesta última localidade Sulejmanović formouse como xogador de baloncesto júnior no Kaarina Ura. No ano 2011 asina pola academia júnior da KK Union Olimpija, asinando un contrato por catro anos, chegando ao primeiro equipo un ano despois. Debutou en Euroliga en decembro de 2012 ante o Real Madrid. En xullo de 2013 asina polo FC Barcelona, aínda que xoga principalmente para o filial do equipo barcelonés. En abril de 2015 é cedido á Orlandina Basket da Serie A italiana. Tras tres anos en Barcelona, o 4 de agosto de 2016 asina polo KK Cibona croata, onde xoga na A-1 Liga, na Liga do Adriático e na FIBA Europe Cup. Tras acabar a temporada asina por dous ano co Montakit Fuenlabrada, saíndo cedido ao CB Breogán nos dous anos. Após finalizar a súa etapa no club lucense, Sulejmanović asina polo Bilbao Basket, onde permanece unha temporada. En 2020 asina polo Lenovo Tenerife, onde permanece até 2022, ano no que regresa a Bilbao.
Clubs KK Union Olimpija (1. SKL / ABA Liga, 2011−2013) FC Barcelona B (LEB, 2013−2016) Orlandina Basket (Serie A, 2015) KK Cibona (A-1 / ABA Liga, 2016−2017) Fuenlabrada (ACB, 2017−2019) Breogán (LEB / ACB, 2017−2019) Bilbao Basket (ACB, 2019−2020) Canarias (ACB, 2020−2022) Bilbao Basket (ACB, 2022−presente)
Internacional Sulejmanović xogou para as seleccións finlandesas sub-16 e sub-20. Porén, a nivel sénior xoga para a selección de Bosnia e Hercegovina.
Palmarés Copa de Eslovenia (1): 2013 Liga LEB (1): 2018 Copa Princesa (1): 2018
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en feb.es
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados na República Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto de Bosnia e Hercegovina Categoría:Xogadores de baloncesto de Finlandia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Union Olimpija Categoría:Xogadores do Orlandina Basket Categoría:Xogadores do KK Cibona Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores do CB Canarias