Unha apanaxe (do francés apanage) era unha concesión feudal subtraída do dominio real e que un rei (ou, máis amplamente, un señor feudal) daba aos seus fillos ou a outros familiares, como irmáns, especialmente aos excluídos da sucesión ao trono.
Historia A apanaxe era unha práctica moi habitual en Francia e aseguraba así aos membros da dinastía reinante títulos e rendas derivadas dos territorios dados en apanaxe. Este sistema foi abolido durante a Revolución Francesa, e foi transitoriamente restablecido entre 1810 e 1832.
Etimoloxía O termo apanaxe deriva do latín medieval apanagium,Henricus Aaron-Spittler (1773): De successione in apanagium. Tubinga. Ler en liña. formado da expresión ad panem, que significa "para dar pan" (panis).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Feudalismo Dominio real francés Reino de Francia
Ligazóns externas apanatge na Gran enciclopèdia catalana .
Categoría:Feudalismo Categoría:Nobreza