Acontecementos Afonso o Batallador concede o dereito de celebrar feira a Belorado.

Primavera: Urraca trata de prender a Diego Xelmírez para apoderarse do erario da igrexa compostelá e rachar a súa alianza coa casa de Traba. O bispo, advertido por Pedro Froilaz, resgárdase en Compostela. Iníciase a guerra entre os partidarios galegos da raíña Urraca e os do seu fillo Afonso. Fernán Pérez de Traba pon baixo asedio o Castelo de Lobeira. Pedro Froilaz e o seu pupilo Afonso Raimúndez regresan de Toledo. Afonso é ratificado como rei de Galiza e toma posesión do reino. Urraca marcha cos seus soldados polo camiño de Santiago. Os cidadáns de Compostela ábrenlle as portas da cidade e nomeana a súa "abadesa e señora". O exército de Urraca marcha contra Gómez Núnez, conde de Toroño. No castelo de Sobroso é cercada polos exércitos de Pedro Froilaz e a súa irmá a condesa Tareixa. Outubro: A raíña Urraca vese obrigada a ceder ao seu fillo Afonso a autoridade nos reinos de Galiza e Toledo, mantendo ela o control dos restantes territorios.

Nacementos

Mortes Hugo II de Empúries

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1116