Temes é un lugar da parroquia de Temes, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2019 tiña 2 habitantes, 2 mulleres.
Toponimia O topónimo ten a base no medieval , que semella un antropónimo prelatino. Ningún outro lugar de Galicia leva o nome deste lugar e parroquia.
Patrimonio O Complexo de Temes moi ben estudado polo padre Jaime Delgado, é o máis importante tesouro arqueolóxico do concello e da contorna.
Neste complexo histórico-arqueolóxico podemos diferenciar tres etapas.
1- Etapa prerromana e romana. Son vestixios prerromanos unha chea de castros que se atopan no contorno e tamén o mesmo nome de Temes. Entre os romanos sobresae a ara dedicada ós deuses “Lares Viales”.
2- Etapa paleocristiá:
- A tapa dun sarcófago (probablemente de entre 315-325), incrustada enriba do arco triunfal da igrexa. No seu ático nárranse iconograficamente tres escenas bíblicas: a Adoración dos ReisMagos, o pecado de Adán e Eva e o ciclo de Xonás.
- A primeira inscrición cristiá de Galicia que está esculpida nunha pedra granítica: FIDES SPES CARITAS (Fe, Esperanza, Caridade).
3- Etapa cristiá-visigoda. Sobresae unha pedra coa seguinte inscrición: SAGRATIO TEMPLI KL / DCBS IN ERA DCCC / (X) L (A) (I) II. Traduciuse como: A consagración do templo foi dous días antes das kalendas de decembro (30 de novembro), na era 843 (ano 805). Consérvanse outras pezas da igrexa visigótica.
4- Etapa renacentista: o sagrario do altar maior con Cristo saíndo do sepulcro entre os apóstolos Pedro e Pablo.
Unha das pezas do Complexo de Temes formou parte en 1991 da Exposición Galicia no Tempo.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Temes
Parroquias de Carballedo
Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía