Pedro Delgado Robledo, nado o 15 de abril de 1960 en Segovia, é un ciclista español, gañador do Tour de Francia 1988 e da Vuelta a España 1985 e 1989. Actualmente é comentarista de eventos ciclísticos de TVE.
Resultados en grandes voltas ciclistas e Campionatos do Mundo de Ciclismo en Ruta Carreira1982198319841985198619871988198919901991199219931994Giro de Italia------7º--15º---Tour de Francia-15ºAb.6ºAb.2º1º3º4º9º6º9º-Vuelta Ciclista a España29º15º4º1º10º4º-1º2º-3º6º3ºCampionato do Mundo de Ciclismo en Ruta---25º51º-60º20º20º35º30º--
-: no participa Ab.: abandono
Traxectoria En 1982 debutou na Vuelta Ciclista a España, a primeira Gran Volta que disputou, ao servizo de Ángel Arroyo, e rematou 29º na clasificación xeral. En 1983 sufriu unha caída na quinta etapa da Volta a España, mais realizou boas actuacións nas etapas seguintes, destacando un terceiro posto na sexta etapa, se ben non conseguiu chegar ao nivel dos mellores e finalizou 15º na clasificación xeral final.
Conseguiu vestirse de amarelo por primeira vez en 1984, ao terminar segundo na sétima etapa. Mantivo a camisola de líder cinco días e perdeuno na etapa dos Lagos de Covadonga, onde se viu atrasado ata a terceira praza da xeral. Na penúltima etapa, unha contra o reloxo, a choiva e o risco excesivo fixeron que o corredor segoviano sufrise unha caída, sen lesións de importancia pero si perdeu a concentración, perdendo a terceira posición e rematou 4º por detrás de Raymund Dietzen.
En 1985 venceu na etapa dos Lagos e conseguiu a camisola amarela onde a perdera o ano anterior. Con todo, ó día seguinte cedeu o liderado en beneficio do seu compañeiro de equipo Pello Ruíz Cabestany. Durante os días seguintes, o segoviano non terminou de atoparse a gusto e non conseguiu recortar diferenzas respecto de Robert Millar, o líder da carreira. Na penúltima etapa, e indo a máis de seis minutos do líder, Delgado atacou no descenso do porto de Navacerrada. Conseguiu distanciarse e ir abrindo espazo ata alcanzar a José Recio, que marchaba escapado por diante del, e ambos os dous colaboraron para que a escapada seguise adiante. Chegaron á meta con máis de seis minutos e medio sobre Miller, e Delgado, segundo na etapa, vestiuse coa camisola amarela.
Categoría:Ciclistas de España Categoría:Gañadores da Vuelta a España Categoría:Gañadores do Tour de Francia Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Segovia Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Grandes cruces da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia