A lingua yámana tamén coñecida como yaghan e Háusi Kúta, é unha das linguas indíxenas da Terra de Fogo, falada tradicionalmente polo pobo yámana. Está considerada unha lingua illada, malia que algúns lingüistas tentaron relacionala co kawésqar e as linguas chon. O yámana tamén foi falado por un breve período na illa Keppel das Illas Malvinas nun asentamento misioneiro. O yámana está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Despois da morte de Emelinda Acuña ós 84 anos (1921 – 12 de outubro de 2005), e da morte de Cristina Calderón de Villa Ukika na illa Navarino, (a miúdo é coñecida sinxelamente como Abuela) o 16 de febreiro de 2022, o yámana é unha lingua morta. Calderón era a cuñada de Acuña.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mamihlapinatapai

Categoría:Linguas illadas Categoría:Linguas mortas de América do Sur Categoría:Linguas da Arxentina Categoría:Linguas de Chile Categoría:Pobo yámana Categoría:Linguas aglutinantes