Tenente era o responsábel da tenencia feudal correspondente a unha vila ou rexión, designado polo rei ou o señor durante a Idade Media nos reinos cristiáns da Península Ibérica. A tenencia non daba dereito de propiedade e era temporal.
O tenente administraba xustiza, recadaba os impostos reais e militares, e os ingresos resultantes usualmente repartíanse a partes iguais entre o tenente e o rei.
Véxase tamén Bibliografía Sánchez de Mora, Antonio (2003): La nobleza castellana en la plena Edad Media: el linaje de Lara (ss. XI-XIII). Tese de doutoramento no Departamento de Historia Medieval e Ciencias e Técnicas Historiográficas, Facultad de Geografía e Historia, Universidade de Salamanca, pp. 592–609. Gran Enciclopedia Larousse, ano 1991. Entradas: "Tenencia feudal" e "Tenente". ISBN 84-3207-370-9.
Categoría:Feudalismo Categoría:Nobreza de España