Guillem Anglada Escudé, nado en Ullastrell en 1979, é un profesor de astrofísica catalán da Universidade Queen Mary de Londres. Estudou na Universidade de Barcelona, onde fixo o seu doutoramento en 2007. O seu campo de estudo son as técnicas precisas de detección de planetas e ten participado en varios proxectos de investigación. Lidera o grupo que descubriu o planeta Proxima Centauri b, o planeta potencialmente habitables máis achegado á Terra. Tamén liderou, a carón de R. Paul Butler, o proxecto atopou a súper-Terra GJ 667Cc, un planeta a 22 anos luz da Terra e cunha masa catro veces meirande. A finais de 2016, a revista Nature escolleuno como un dos 10 mellores científicos destacados de 2016 en todo o mundo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Guillem Anglada-Escudé na web do departamento onde traballa Vídeo onde o xornalista de TV3 Xavier Duran entrevista o astrónomo catalán Guillem Anglada, que lidera o equipo de investigadores que descubriu o novo planeta
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Científicos de España