Cracovia (en polaco Kraków, alemán Krakau) é a segunda cidade da Polonia actual, e unha das máis antigas cidades da Polonia histórica, cunha poboación de 1 027 503 habitantes no ano 2013 (1,4 millóns, tendo en conta a área de influencia metropolitana). Esta cidade histórica está situada á beira do río Vístula (Wisła) e aos pés do outeiro Wawel. É tamén a capital da rexión da Pequena Polonia desde 1999.
Etimoloxía Tradicionalmente afírmase que o nome de Cracovia deriva de Krakus (tamén Krak ou Grakch), o lendario fundador da cidade e líder da tribo dos Lechitians. En polaco, Kraków é unha forma posesiva arcaica de Krak e, esencialmente, significa "(cidade) de Krak". O nome de Krakus podería provir de "krakula", unha verba protoeslava que designa o bastón dun xuíz, ou da palabra protoeslava "krak", que significa carballo, árbore considerada sacra.
Historia Cracovia é tradicionalmente unha das cidades punteiras en educación, cultura e movementos artísticos e tamén achega un importante peso económico ao país. Foi fundada ó redor do ano 700, xa que a cidade existía xa no século VII, habitada pola tribo de Wislanie. A primeira fonte documentada en que aparece mencionado o Príncipe Krakus (escrito Grakch) data de 1190. Foi atacada e devastada polos mongois en 1241, 1259 e 1287, e capital de Polonia entre 1320 e 1596. Formou parte do Imperio austríaco, co nome de Krakau, de 1795 a 1809 e de 1846 a 1914. Durante a invasión de Polonia por parte da Alemaña nazi foi a capital do Goberno Xeral e a poboación xudía foi movida a un recinto fechado chamado Gueto de Cracovia desde onde os foron trasladando aos campos de exterminio de Auschwitz-Birkenau ou Płaszów.
Patrimonio O Centro Histórico de Cracovia foi inscrito pola UNESCO en 1978 na lista do Patrimonio da Humanidade, o mesmo ano en que Karol Wojtyła, ata entón arcebispo de Cracovia, foi elixido Papa. A cidade é sede dunha das máis antigas e prestixiosas universidades de Europa, a Universidade Iaguelónica, universidade que conta ademais cun Centro de Estudos Galegos.
Galería de imaxes
Cidades irmandadas Bordeos (1993) Bratislava Budapest (2005) Cambridge (1989) Curitiba (1993) Cuzco Edimburgo (1995) Fez (2004) Florencia (1992) Frankfurt (1991) Gotemburgo (1990) Grozny (1997) Guadalaxara Innsbruck (1998) Kíiv (1993) La Serena (1995) Leipzig (1995) Leuven (1991) Lviv (1995) Milán (2003) Niš Núremberg (1991) Orleáns (1992) Pécs (1998) Quito Rochester (1973) Roma San Petersburgo (2006) San Francisco (2009) Sevilla (2002) Solothurn (1990) Split Tbilisi Veliko Turnovo (1975) Vilnius Zagreb (1975)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cracovia Travel
Información turística esencial de Cracovia Protect Kraków Heritage Campaign krakowmiasto.pl Comunidade xudía en Cracovia Map: Kraków Heritage Under Threat Kraków Jewish guide and genealogy in Poland Tourismo en Cracovia Webcams de Cracovia
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Satellite photograph of the Old Town from Google Maps Kraków Old Town from Krakow-Poland.com
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Polonia