Fanny Geefs, nada en Bruxelas o 2 de maio de 1807 e finada en Schaerbeek o 23 de xaneiro de 1883, foi unha pintora belga de ascendencia irlandesa.
Traxectoria
miniatura|dereita|La vie d'une Femme : Piété, Amour, Chagrin de Fanny Geefs.
Nada como Isabelle Marie Françoise Corr ben en Dublín ou en Bruxelas, estudou arte dende nena. Na década de 1830, estudou con François-Joseph Navez. Ademais de retratos, pintou imaxes relixiosas e históricas como Our Lady Appearing to the Oppressed que se atopa na Igrexa da Sagrada Familia de Schaerbeek. Casou co escultor Guillaume Geefs en 1836. Traballou en comisións para a familia real belga, incluíndo numerosos retratos da raíña Luísa María de Orleáns. O seu tríptico La vie d'une Femme : Piété, Amour, Chagrin tivo grande influencia en Charlotte Brontë, en particular na súa novela autobiográfica Villette, ambientada en Bruxelas.
Coa súa morte en 1883, a Biblioteca Real de Bélxica mercou unha gran colección das súas obras.
Véxase tamén
Bibliografía Creusen, Alexia (2006). "CORR, Fanny (1807-1883, épouse GEEFS", in Eliane Gubin, Catherine Jacques, Valérie Piette & Jean Puissant (eds), Dictionnaire des femmes belges: XIXe et XXe siècles. Bruxelles: Éditions Racine.
Categoría:Nados en 1807 Categoría:Finados en 1883 Categoría:Pintores de Bélxica Categoría:Nados en Bruxelas