Sergio Rodríguez Pena, nado na Bandeira (Silleda) no 2000, é un compositor galego.
Traxectoria Sergio Rodríguez é oboísta e compositor. As súas obras e arranxos foron publicadas por editoriais como Dos Acordes, Asociación Nacial de Directores de Banda, Asociación de Fagotistas e Oboístas de España ou Baton Music. Ademais, as súas composicións e adaptacións foron estreadas e tocadas en diferentes puntos de Europa e América, como Alemaña, Arxentina, Bélxica, Colombia, Estados Unidos, México ou Países Baixos. Gañou diferentes premios, como o primeiro premio no V Concurso Sintonía Romántica convocado polo IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín para alumnos de secundaria e bacharelato de toda España e o premio ex aequo no I Premio de Composición musical da Universidade de Santiago de Compostela pola súa obra Inferno, reflexión da Divina Comedia de Dante Alighieri no ano 2017, o premio de finalista na sección primeira do XV Concurso Galego de Composición pola obra Sinfonietta No. 1 «Jakobsland» no 2022, o primeiro premio na sección de dificultade media no XVI Concurso Galego de Composición pola obra Unha rapsodia galega no ano 2023 e o primeiro premio na sección de banda de iniciación no XVII Concurso Galego de Composición pola obra A miña primeira rapsodia no ano 2024, estes tres últimos concursos organizados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Desde o ano 2017 forma parte da Asociación Galega de Compositores.
Obras Unha escolma das obras do autor: Seis cadros para óboe só (2016) Xanxo - Pasodobre (2016) Zaizan - Pasodobre (2016) Rosalía - Muiñeira (Composta con Xanxo Rei) [2016/Rev. 2018] Capriccio Galaico (2016) Sonata DasRodriguez - para dúas frautas traveseiras (2016/2017) Alén, dous breves episodios sinfónicos (2017) Inferno - reflexión sobre a Divina Comedia de Dante Alighieri (2017) Escuadrian Overture (2017) Muiñeira da Empanada (2017) Ara Solis - para óboe solista e cuarteto de clarinetes (2017) Poemas para Neira Vilas - para frauta e dous clarinetes (2017) Samhain - Poema Sinfónico (2018) Icía Rial - Pasodobre (2018) Tres Imaxes para Fagot (2020) Somos - para cuarteto de saxofóns (2020) Navia Rial - Pasodobre (2021) Sinfonietta No. 1 «Jakobsland» (2019/2022) Tres Pezas para Saxofón Alto (2021/2022) Elexía á morte do amor - para óboe e piano (2022) Himno da Empanada - para banda, gaita e coro SATB (2023) Imatges - homenatge a Joaquín Sorolla (2023) Unha rapsodia galega (2023) A miña primeira rapsodia (2024)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Canle de YouTube de Sergio Rodríguez
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Silleda Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes