Acontecementos América Principia a exploración viquinga da costa americana até Nova Inglaterra (New England), por Thorwald e Thorstein, irmáns de Leif Eriksson (até 1008).

Asia Os mongois kitáns (Dinastía Liao) derrotan aos chineses do reino Song setentrional, en Hebei, polo que deberán pagar desde o ano seguinte, un forte tributo anual.

Europa Xaneiro: Inicia o seu pontificado Xoán XVIII (até 1009). 14 de maio: Henrique II, emperador romano xermánico, é coroado rei da Lombardía en Pavia. Comeza a reinar Sancho III Garcés o Grande, rei de Navarra (até 1035). A cidade italiana de Pisa é asaltada e saqueada por piratas árabes.

Ciencia e tecnoloxía Invención probábel, a teor da documentación coñecida, na China, do trabuquete, unha máquina de lanzar proxectís. O seu uso en Europa non se documenta até 1147.

Nacementos

Goda de Inglaterra. Eduardo o Confesor, rei de Inglaterra - data aproximada - († 1066)

Mortes

Adelaida de Aquitania, viúva de Hugo Capeto, primeiro monarca franco da dinastía Capeto. Mansón I de Amalfi. Teobaldo II de Blois, conde de Blois, de Chartres, de Châteaudun, de Tours, de Provins e de Reims. Historia ano a ano

Véxase tamén

Categoría:1004