Un choque Acepción 5Diccionario galego de termos médicos. Real academia de medicina e cururxía de Galicia. 2002. Páxina 137 [www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXPL/medico.pdf ] (shock) é unha síndrome clínica complexa e de múltiples causas, estado crítico no seo dunha enfermidade grave producida por unha redución da achega de osíxeno aos tecidos, que determina lesión celular, inicialmente reversible, e se se prolonga, dano irreversible. O factor común: a insuficiencia do sistema circulatorio para manter a perfusión e función celular.

O mantemento da perfusión de órganos vitais é fundamental para sobrevivir, polo que a hipoperfusión tisular provoca fallo multiorgánico, caracterizado inicialmente por : taquicardia, diminución da tensión arterial e da diurese, xunto con confusión.

Clasificación do choque

Aínda que existen outros grupos de clasificación do choque, o enfoque clásico clasificounos en tres grupos fundamentais: Hipovolémico Non traumático Hemorraxia Perda de líquidos Traumático

Cardioxénico Redución da función sistólica Infarto agudo de miocardio Miocardiopatias Depresión miocárdica Mecánico Disfunción valvular Aneurisma ventricular Arrítmico Embolismo pulmonar masivo Taponamento pericárdico Traumático Taponamiento pericárdico Pneumotórax a tensión Contusión miocárdica

Vasoxénico Choque séptico Choque anafiláctico Choque farmacolóxico Choque neuroxénico

Causas do choque Hemorraxias: Prodúcese tras un 30% de perda de sangue. Queimaduras: Perda de líquidos por ausencia da pel. Fracturas múltiples.

Notas

Categoría:Doenzas