La strada é un filme italiano de 1954 producido por Dino De Laurentiis e Carlo Ponti, dirixido por Federico Fellini e protagonizado por Anthony Quinn e Giulietta Masina.

É un exemplo clásico do período neorrealista do director e o filme que lle outorgou un sólido prestixio internacional.

La Strada converteuse nun "dos filmes máis influentes nunca realizados", segundo o American Film Institute.AFI Preview Gañou o primeiro Óscar competitivo ao mellor filme en lingua non inglesa en 1957.Kezich (2006), 406. En 1992 apareceu no cuarto posto da listaxe dos dez mellores filmes escollidos por directores do British Film Institute.The Sight & Sound Top Ten Poll: 1992 Consultado o 21 de novembro de 2017

Argumento Unha moza que traballa para un artista ambulante chamado Zampanò (Anthony Quinn) morre, e a súa nai toma a Gelsomina (Giulietta Masina), tamén filla súa e véndea ao artista. A pesar do carácter violento de Zampanò, a rapaza séntese atraída polo estilo de vida da rúa, sobre todo cando o seu dono a inclúe como parte do espectáculo. Gelsomina aprende rapidamente o oficio de artista e amosa gran talento, mais non se sente apreciada por Zampanò e nun momento decide abandonalo e volver a casa. Zampanó atopa a Gesolmina e obrígaa a regresar con el.

Xuntos de novo, deciden traballar nun circo itinerante, onde Zampanò ten problemas co bufón (Richard Basehart) a quen coñece de antes. Nunha pelexa entre ambos, Zampanò ameaza o bufón cun coitelo e é detido. Mentres Zampanò se atopa no cárcere, Gelsomina aprende a importancia de ter un propósito na vida e aínda que varias das personaxes que atopa no camiño lle ofrecen que se una a eles, Gelsomina demostra a súa lealdade a Zampanò ata o final.

Elenco Giulietta Masina — Gelsomina Anthony Quinn — Zampanò Richard Basehart — o louco Aldo Silvani — señor Giraffa, dono do circo Marcella Rovere — a viúva Livia Venturini — a monxa

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 29ª edición dos Óscar Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas Sinopse completa de La strada Sobre o filme na páxina da Fondazione Federico Fellini

Categoría:Filmes de 1954 Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes dirixidos por Federico Fellini Categoría:Filmes producidos por Dino De Laurentiis Categoría:Óscar ó mellor filme internacional