O Museo Histórico do Tabaco (en neerlandés: Tabaks Historisch Museum) é unha institución museística sita na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, que ofrece unha visión xeral da industria do tabaco nesa cidade desde o século XVII.Localización do Museo Histórico do Tabaco de Delft (en neerlandés)"Tabaks Historisch Museum Delft". En WhichMuseum.nl (en neerlandés)"Tabaks Historisch Museum Delft ". En MuseosdeHolanda.es (en castelán)
A colección do Museo Histórico do Tabaco, que ten a súa orixe na colección privada de Louis Bracco Gartner, está composta por unha grande diversidade de artigos relacionados co mundo do tabaco, tales como cachimbas, puros, cuspideiras, caixas de tabaco, tarxetas postais, anuncios publicitarios, embalaxes e ferramentas.
Unha parte da colección amosa obxectos específicos da cidade de Delft, como as clásicas cachimbas do século XVII, frascos de tabaco feitos en "louza de Delft" e composicións de azulexos que representan personaxes fumando en cachimbas. miniatura|Caixa de tabaco de marca Het Rode Anker, fabricada en Delft O museo localízase nunha antiga fábrica de cigarros e a súa visita só é posible cunha cita previa. Notas
Véxase tamén Outros artigos Delft
Bibliografía Wentholt, Arnold. Nusantara. Highlights from Museum Nusantara Delft. C. Zwartenkot Art Books. Leiden, 2014 [ISBN 978-90-5450-013-1]
Ligazóns externas Sitio web oficial do Museo Histórico do Tabaco
Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Museos dos Países Baixos Categoría:Museos etnográficos