1995 (MCMXCV) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos O Tratado de Dayton establece a división de Bosnia e Hercegovina en dúas entidades: a Federación de Bosnia e Hercegovina e a República Serbia. 1 de xaneiro, creación da Organización Mundial do Comercio. 1 de xaneiro, cuarta ampliación da Unión Europea, que conta quince países membros ó integrarse oficialmente Austria, Finlandia e Suecia. 1 de xaneiro, as tropas rusas toman Grozni durante a primeira guerra con Chechenia. 28 de maio, celébranse as V Eleccións municipais en España desde a Transición. 30 de novembro, O Consello de Ministro da Unión Europea designa a Santiago de Compostela como Cidade Europea da Cultura no ano 2000, xunto a outras cidades europeas.

Nacementos 12 de xaneiro : Maverick Viñales, piloto de motociclismo español. 9 de xullo: Georgie Henley, actriz e escritora británica. 19 de xullo: Tonći Mujan, futbolista croata.

Mortes 1 de xaneiro - Eugene P. Wigner, científico estadounidense de orixe húngaro. 2 de xaneiro - Mohamed Siyad Barre, presidente de Somalia. 2 de xaneiro - Manuel Rivera Hernández, pintor español. 14 de xaneiro - Ramón Garrido Vidal, militar e político galego (n. 1915). 17 de xaneiro - Miguel Torga, escritor portugués. 20 de xaneiro - Vicente Otero Pérez, Terito, empresario e contrabandista galego (n. 1918). 23 de xaneiro - Gregorio Ordóñez, político vasco. 1 de febreiro - Jaume Perich, escritor, debuxante e humorista español (m.1941). 4 de febreiro - Patricia Highsmith, escritora estadounidense. 6 de febreiro - Maruxa Mallo, pintora galega. 31 de marzo - Selena, unha cantante mexicano-estadounidense texana (n.1971) 2 de maio - Xosé Alexandre Cribeiro, escritor galego. 17 de xullo - Juan Manuel Fangio piloto arxentino de Fórmula 1.(n.1911) 20 de xullo - Ernest Mandel, economista e político alemán. 11 de agosto - Alonzo Church, matemático e lóxico norteamericano. 20 de agosto - Hugo Pratt, creador de banda deseñada italiano. 21 de agosto - Subrahmanyan Chandrasekhar, físico, astrofísico e matemático indio, Premio Nobel de Física. 28 de agosto - Michael Ende, escritor alemán.

31 de agosto - Victoriano López García, enxeñeiro e profesor galego (n. 1910). 4 de novembro - Gilles Deleuze, filósofo francés.

9 de decembro - Concha Castroviejo, xornalista e escritora galega (n. 1913). 11 de decembro - Yang Mo, escritora chinesa (n. 1914). 20 de decembro - Eugenio López López, fiscal e político galego (n. 1921). 25 de decembro - Emmanuel Levinas, filósofo letón. 30 de decembro - Heiner Müller, dramaturgo alemán (n. 1929).

Premios Nobel Nobel de Física: Martin L. Perl e Frederick Reines Nobel de Química: Paul J. Crutzen, Mario J. Molina e F. Sherwood Rowland Nobel de Fisioloxía ou Medicina: Edward B. Lewis, Christiane Nüsslein-Volhard e Eric F. Wieschaus Nobel de Literatura: Seamus Heaney Nobel da Paz: Joseph Rotblat e Pugwash Conferences on Science and World Affairs Nobel de Economía: Robert E. Lucas Jr.

Día das Letras Galegas dedicado a Rafael Dieste.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1995