A sicose, do grego σῦκον, figo, é a forma máis profunda da foliculite. A diferenza da ostiumfoliculitis, afecta máis profundamente ao folículo piloso. O seu axente causal habitual está en bacterias do xénero Staphylococcus. Maniféstase por pápula e pústulas vermellas arredor do folículo, aínda que non adoita deixar cicatriz. Pode ter un curso crónico.
Afecta principalmente á barba, polo que é coñecida tamén coma sicose da barba ou prúrigo do barbeiro (sicosis vulgaris), aínda que pode afectar aos folículos do pescozo (sicosis nuchae). A forma crónica e que deixa marcas denomínase sicose lupoide.
Véxase tamén Outros artigos Foliculite
Notas
Categoría:Doenzas da pel