O aeroporto de Fukuoka , anteriormente coñecido como base aérea de Itazuke, é un aeroporto xaponés situado a 3 quilómetros ao leste do centro da cidade de Fukuoka.

O de Fukuoka é o principal aeroporto da illa de Kyushu e o cuarto máis concorrido do Xapón en termos de pasaxeiros, con 20 968 463 no ano 2015. En 2017 era o cuarto aeroporto dunha única pista máis concorrido do mundo (despois de Bombai, Londres-Gatwick e İstanbul-Sabiha Gökçen). O aeroporto está rodeado por áreas residenciais, polo que os voos rematan ás 10 da noite por petición dos residentes e reanúdanse ás 7 da máña. A terminal doméstica está conectada co sistema de metro da cidade, que une o aeroporto co centro financeiro de Fukuoka en menos de dez minutos. A terminal internacional só é accesible por estrada.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Véxase tamén Ligazóns externas [ Web do aeroporto]

Notas

Fukuoka